INFORMACIÓN E SUXERENCIAS SOBRE ACTIVIDADES FORMATIVAS E OUTRAS CUESTIÓNS RELACIONADAS COA EDUCACIÓN DOS ALUMNOS DO C.E.I.P.
xoves, 14 de maio de 2015
Os sete ananos Nobel de Galicia
A CULTURA GALEGA gañou sete premios Nobel, pero ninguén o sabe. Os sete
premios Nobel galegos son sete ananos de meixelas sonrosadas que
acariñan os seus bandullos brancos e mantecosos coma queixos. Os sete
nomes que teñen son Narrativa, Teatro, Poesía, Ensaio, Xornalismo
Cultural, Tradución e Infanto Xuvenil. Os sete eles son uns xenios, pero
durmen un soño eterno que lles impide viaxar a Suecia para recoller
cadanseus galardóns. Varios escritores recoñecidos cos galardóns da
Asociación de Escritores en Lingua Galega actuaron coma príncipes
bicándolles as meixelas. A súa intención era que os sete ananos esperten
da síndrome de Estocolmo e camiñen sonámbulos ata Estocolmo, onde se
entregan os Nobel. Os príncipes das letras galegas susurráronlles, un
ano máis, os sons que conforman o mapa da súa desgraza: os galegos son
lectores entregados, adoran os seus escritores, devecen porque lles
asinen camisetas co seu dorsal de poetas, pero a Xunta e os medios de
comunicación colócanlles diante unhas pantallas de fútbol e de política
para que non poidan ver os libros galegos "resplandecendo ao fondo dos
soños", coma no poema de Apollinaire. E os galegos, meus probes, están
convencidos de que non lles interesan os libros.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario