O secretario nacional da CIG-Ensino e unha representación do profesorado CELGA esixíronlle ao conselleiro a readmisión dos e das docentes despedidos/as.
O conselleiro de Educación comprometeuse
este luns 18 de maio, coa CIG-Ensino e profesorado CELGA, a no prazo
dunha semana estudar a nova situación co fin de solucionar o conflito.
Nesta xuntanza á que asistiron tamén o secretario xeral de Política
Lingüística e o director xeral da asesoría xurídica, o secretario
nacional da CIG-Ensino e unha representación do profesorado CELGA
esixíronlle ao conselleiro a readmisión dos e das docentes
despedidos/as, unha vez que diferentes tribunais do social e o TSXG xa
teñen declarado 41 despidos nulos.
A CIG-Ensino tamén esixiu a inmediata convocatoria dos cursos preparatorios CELGA e as respectivas probas para obter os diferentes títulos porque o seu retraso está causando graves perxuízos a numerosas persoas que o necesitan para presentarse a diferentes probas ou que teñen interese en coñecer e mellorar o uso do noso idioma.
Para a CIG-Ensino é totalmente inxustificable que a Consellería de Educación, a estas alturas, en lugar de aplicar as sentenzas, convocar os cursos que xa tiñan que estar iniciados e realizar as probas continúe sen darlle unha solución definitiva a este conflito e agravando a situación. Agardamos que por fin a consellaría se aveña as nosas propostas para dar unha solución definitiva a este
Ningún comentario:
Publicar un comentario