Durante os últimos 7 anos Spotify conseguiu revolucionar o
xeito de consumir música, de xeito que converteu o streaming nunha alternativa máis que solvente á descarga de
cancións, superando os 25.000 millóns de horas reproducidas a través da súa
plataforma, e agora, conscientes de que os dispositivos móbiles son os reis do
consumo musical, decidiron
evolucionar, adaptándose máis ao usuario segundo o momento de cada día.
Presentan así a páxina de inicio The Now,
que presenta listaxes de reprodución aptas para as distintas horas do día, de
xeito suxiren listaxe de temas en función dos nosos gustos e de seleccións
elaboradas por expertos, para adaptarse ao noso estado de ánimo, de xeito que
podemos ter unhas cancións para activarnos
pola mañá e outras para concentrarnos durante o traballo.
Pero a novidade máis interesante do servizo musical é Spotify Running,
que pretende axudar á práctica deportiva de xeito que, cando corremos
escoitando música, o sistema aproveitará os sensores do móbil para medir o noso
tempo, e así ir combinando cancións
que se adapten tanto aos nosos gustos como á intensidade do noso adestramento. Durante
o presente ano esperan poder integrar esta funcionalidade outras aplicacións
como a de Nike+ ou RunKeeper, achegándose deste xeito aínda máis aos corredores
habituais.
Pero Spotify non quere limitarse á música, e busca novas miras, de aí que
presentase o seguinte:
- More
Than Music: Spotify permitirá engadir clips de vídeo e programas de audio
(podcasts) á mestura musical, de xeito que poderiamos combinar a reprodución
musical con programas informativos ou de lecer que nos acompañen.
- Spotify
Originals: a aplicación tamén contará con temas musicais creados en
exclusiva para eles e especificamente para Spotify Running, xa que serían composicións
que se adaptarían dinamicamente ao noso tempo,
estando dispoñible inicialmente 6 destas pistas sonoras.
No que respecta ao vídeo, Spotify chegou a acordos con ABC, BBC, ESPN,
NBCUniversal, TBS, TED, Vice News, Adult Swim, Fusion, Maker Studios e Condé
Nast Entertainment para poder achegar os seus contidos a través da aplicación
de Spotify.
O novo Now comezou onte a chegar a
usuarios de iPhone nos EE.UU., Reino Unido, Alemaña e Suecia, abríndose
paulatinamente a outros mercados, mentres que Spotify Running xa comezou a súa
distribución global para iPhone.
Vídeo no que dan a coñecer as novidades de Spotify
Ningún comentario:
Publicar un comentario