En concreto, hai un total de 130 solicitudes admitidas para as probas de inspector -para 14 prazas-, 2.669 para a especialidade de educación infantil -hai 175 prazas-, e 1.733 para a especialidade de educación primaria -30.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria admitiu un total de 7.336 persoas na convocatoria de oferta de emprego público para mestres e inspectores realizada este ano 2015, informou este luns a Xunta nun comunicado.En concreto hai un total de 130 solicitudes admitidas para as oposicións a inspectores (14 prazas), 2.669 para a especialidade de educación infantil (175 prazas), e 1.733 para a especialidade de educación primaria (30 prazas).
No caso das 50 prazas de lingua estranxeira inglés, admitíronse un total de 534 solicitudes; mentres que para as 35 prazas de educación física admitíronse 571, e para as 37 de música figuran como aceptados 404 opositores. Ademais, un total de 746 persoas foron admitidas para as 50 prazas dispoñibles na especialidade de Pedagoxía Terapéutica; así como 549 para os 55 postos dispoñibles na de Audición e Linguaxe. "As oposicións buscan garantir a estabilidade do emprego docente en Galicia, esgotando ademais o 50% da taxa de reposición permitido polo Goberno central", indícase na nota.
Ningún comentario:
Publicar un comentario