Por cuarto ano consecutivo a Comisión de Normalización Lingüística
da Facultade de Ciencias da Comunicación daUSC, baixo proposta da Liga
Estudantil Galega e co apoio do Servizo de Normalización Lingüística da
USC, convoca o Premio de pezas audiovisuais curtas de comedia Somos a curta!. A inscrición poderase realizar ata o 13 de outubro deste ano.
Ao certame pode concorrer calquera membro do alumnado durante o ano
2015 das universidades galegas, das titulacións impartidas nas escolas
oficiais de Imaxe e Son ou de bacharelato artístico de calquera dos
institutos de educación secundaria de Galicia que presente unha peza
audiovisual breve –dun máximo de 10 minutos– cunha comedia en lingua
galega.
A temática das pezas é libre e as historias deberán ser
orixinais, de creación propia ou con base popular ou literaria, neste
último caso sempre que conten co consentimento por escrito do autor ou
autora.
O 28 de outubro, no Salón de Actos da Facultade de
Ciencias da Comunicación, e logo da presentación e exhibición pública
das pezas nunha gala, o xurado outorgará os dous premios do certame,
dotados con 400 e 200 euros, respectivamente, e diploma honorífico. Así
mesmo, haberá un premio do público, decidido por votación durante o
transcurso da gala, dotado con diploma honorífico.
Información tirada do Xornal da USC.
Ningún comentario:
Publicar un comentario