venres, 8 de maio de 2015

O Ministro Wert continúa a súa cruzada para "españolizar" os alumnos cataláns

Un novo ataque ao modelo de inmersión lingüística.

O Ministerio de Educación co nefasto señor Wert á cabeza volveu facer das súas atacando de novo o modelo de inmersión lingüístico catalán. Nesta ocasión o Ministerio decidiu recorrer as normas de preinscrición escolar aprobadas pola Generalitat, solicitando a ampliación do período de preinscrición para "garantir o ensino en castelán como lingua vehicular", alegando que os pais non puideron elixir o castelán como lingua vehicular. ¡ Que vergoña!! ¡ Non manipule señor Ministro, o problema é vostede é un franquista de tomo e lombo!!
De novo o Goberno do PP mostra o seu rancio españolismo franquista atacando os dereitos democráticos e a lingua propia das nacionalidades oprimidas. Pese o que lle malia o señor Wert este debate sobre o modelo de inmersión lingüística non existe en Catalunya, e os pais, estudantes e profesores, o conxunto da comunidade educativa, si o teñen moi claro, defenden e seguirán defendendo un modelo de inmersión lingüístico que funciona, e que supón que os alumnos cataláns rematen os seus estudos sabendo á perfección dous idiomas polo menos, catalán e castelán. É evidente que o PP e o señor Wert tratan unha e outra vez de xerar un problema onde non o hai, tratando de dividir os cataláns en termos lingüísticos, e demostrando que o seu pasado e tradición franquista, cando o catalán era perseguido, seguen moi presentes no seu ADN.
De feito en Catalunya durante a transición e posteriormente, foron os propios inmigrantes, andaluces, estremeños ou galegos, os que con máis entusiasmo loitaron por conseguir ese modelo de inmersión lingüístico para garantir que os seus fillos si puidesen aprender o catalán. Esa foi unha das conquistas do movemento obreiro nos anos 70 e 80, unha educación en catalán, pero unha educación pública, gratuíta e de calidade. Todo o que agora tratan de destruír.
Dende o Sindicato de Estudantes denunciamos unha vez máis este novo atropelo do Ministro Wert, e esiximos que se deixe os alumnos cataláns estudar na súa lingua propia. A loita contra este Ministro e contra o Goberno do PP continúa, e contra todos aqueles que tratan de arrebatarnos o noso futuro acabando coa educación pública, incluíndo tamén a CiU e as súas políticas de recortes salvaxes. Agora o 24 de maio pode ser o comezo do seu fin.

Ningún comentario:

Publicar un comentario