A universidade viguesa chega ao terceiro posto de España en impacto de artigos e Santiago destaca en publicacións.
As universidades de Vigo e Santiago brillan no ránking mundial de producción científica, que elabora CWTS Leiden. Santiago exhibe músculo en número de artigos publicados. E Vigo, na calidade dos mesmos polo número de citas en papers en revistas de alto impacto. Pola súa banda, A Coruña mantén unha tradición preocupante: tampouco aparece neste ránking entre as 750 mellores do mundo.O ránking de Leiden ten moitas variables que permiten moitas lecturas. Vigo é a terceira de España con máis publicacións de calidade no 10% das máis citadas do mundo. Sen dúbida inflúe neste baremo o científico David Posada, quen ten un artigo publicado na revista ‘Nature‘ que está no Top 100 dos máis citados no mundo en toda a historia.
Pero as cifras de Vigo son excelentes noutros eidos. No ránking de número de publicacións é a 16 de España, onde existen 65 institucións superiores, algunhas delas de longa historia e grandes orzamentos, e por baixo da viguesa. E tamén é a quinta de España en publicacións sobre o 50% da media. No ránking xeral mundial é a 312 en calidade de citas e a 509 en número de publicacións.
Santiago sitúase no posto 334 de entre 750 universidades de todo o mundo en número de publicacións entre os anos 2010 e 2013. Pero está por baixo de Vigo en calidade porcentual das citas, co posto 470 fronte ao 312 da universidade do sur de Galicia. A USC é a 12 de España en número de publicacións, aínda que en calidade das citas está en algunhas áreas por baixo de Vigo.
O impacto das publicacións de Vigo fai que se sitúe en postos de privilexio
A USC destaca no eido da Vida e ciencias da terra,
quinta de España, e no de Biomedicina e ciencias da saúde no sétimo
lugar das universidades españolas polo seu volume de produción. No seu
conxunto, a Universidade de Santiago sitúase no décimo segundo posto das
institucións universitarias españolas, tanto se ten en conta o tamaño
como non.Por eidos, a Universidade de Vigo acada a súa mellor clasificación nas ciencias naturais, seguido das ciencias da vida, as ciencias ambientais, as sociais e o campo das matemáticas e enxeñarías.
En calquera caso, os datos de Vigo e Santiago son positivos, pois atópanse no Top-500 do mundo. E hai que recordar que no mundo hai máis de 21.000 universidades. E que o ránking nos primeiros postos está absolutamente dominado polas institucións dos Estados Unidos.
Capítulo aparte merece a Universidade da Coruña. Unha vez máis, está desaparecida dos rankings internacionais de investigación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario