Rexeitan o modelo de Bancos de Libros creado pola Xunta porque non garante as necesidades de todo o alumnado. Lamentan as “constantes descualificacións” do conselleiro de Educación.
A Confederación de Anpas galegas saiu ao paso das declaracións do conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e volveu esixir o retorno do modelo de préstamo universal e gratuíto de libros escolares. As asociacións recordan “nunca, en ningún momento, defendemos a creación de Bancos de Libros por parte da Xunta”.
As Anpas lamentan as “constantes descualificacións” do
conselleiro, que criticou a falta de colaboración para implantar o
sistema. “Se quere contar coa colaboración das familias galegas, o que
ten que facer é propiciar a nosa participación respondendo ás nosas permanentes demandas de diálogo, antes de lanzar normas mal elaboradas”, aseguran as asociacións de nais e pais nun comunicado.
Consideran que o modelo da Xunta non dá cobertura as necesidades da totalidade dos alumnos e alumnas e,
en especial, non garante que as familias máis desfavorecidas podan
acceder aos libros. Por ese motivo, desde a Confederación de Anpas
solicitaron que non se participe na organización de bancos de libros
porque “tal e como foron deseñados, de forma unilateral” son competencia
da Consellaría.
“Demandamos que a Xunta forneza de libros a todo ao alumnado do ensino público galego, sen consideracións sobre o seu nivel de renda”,
“O que demandamos é que a Xunta forneza de libros e
material didáctico a todo ao alumnado do ensino público galego, sen
consideracións sobre o seu nivel de renda”, apuntan nun comunicado. Por
ese motivo, piden a volta do sistema de préstamo universal e gratuíto.
Un modelo que “ademais do evidente aforro de diñeiro público, transmita aos nosos fillos e fillas os valores da reciclaxe, coidado para o grupo e a responsabilidade na xestión das cousas comúns”.
Pediron tamén que o próximo curso escolar non se cambie
ningún libro de texto perante a posíbel derrogación da última reforma
educativa, a LOMCE, que todas as forzas políticas
rexeitaron agás o PP. “É mellor ter un libro non adaptado un curso que
arriscarnos a cambialo e ter a mesma situación os cinco cursos
seguintes”, explican.
Ningún comentario:
Publicar un comentario