O QS World University Ranking sitúa á USC no intervalo 551-600 e a UDC no 701+
A compañía Quacquarelli Symonds (QS), especializada en educación superior a nivel mundial, vén de facer públicos os resultados do seu estudo QS World University Ranking, no que analiza seis indicadores de rendemento para establecer unha clasificación das mellores universidades do mundo. Neste ano, QS seleccionou 916 universidades de todo o mundo entre os máis de 3.800 centros estudados. Dentro das seleccionadas, figuran dúas das tres galegas: Santiago e A Coruña.A USC destaca pola reputación e as citacións, e a UDC pola ratio profesor-alumnoEsta clasificación, que se publica en internet desde o ano 2004, sitúa a USC no intervalo 551-600, no decimoterceiro lugar das institucións españolas. Amais da avaliación global, a USC colócase entre as 400 mellores universidades en Linguas Modernas, Lingua e Literatura Inglesa, Estudos Medioambientais e Matemáticas. A lista destaca, sobre todo, a reputación académica da institución, que supón un 40 por cento da calificación total e que se elabora en base a unha enquisa anual entre académicos. Tamén se destacan o volume de citacións do profesorado, que supón o 20 por cento da nota final. Non en tanto, a USC segue lonxe de acadar o seu mellor rexistro, datado en 2012, cando se situou no rango 451-500.
Pola súa parte, a Universidade da Coruña entra por primeira vez no ránking QS. Queda situada no rango 701+ e destácase, sobre todo, a ratio profesor-alumno, que permite, segundo indican os criterios desta clasificación, ofrecer unha atención individualizada aos alumnos.
Os seis parámetros empregados para elaborar a clasificación son a reputación académica (40 por cento), a valoración dos empregadores (10%), a ratio profesor-alumno (20%), o volume de citacións (20 por cento) e a capacidade de atraer estudantes e investigadores doutros países (10 por cento).
Un ano máis, o Massachussets Institute of Technology sitúase á cabeza da lista, seguido das universidades de Stanford, Harvard, Cambridge e do California Institute of Technology (Caltech). Para atopar a primeira universidade española hai que baixar ata o número 160, onde aparece a Universitat de Barcelona. Despois aparecen a Universitat Autónoma de Barcelona (203), Universidad Autónoma de Madrid (210), Universidad Complutense (239) e a Universidad de Navarra (245).
Ningún comentario:
Publicar un comentario