“É unha auténtica tomadura de pelo que a Consellaría de Educación agarde até o último día”, manifesta CIG-Ensino.
Máis de 4.000 profesores que teñen que
iniciar o curso o próximo día 15 están a esta altura sen nomea. Para a
CIG-Ensino é “unha auténtica tomadura de pelo que a Consellaría de
Educación agarde até o último día, un venres, a última hora -cando o
profesorado xa nin sequera pode contactar con ela- para facer a
adxudicación de destino do 28% dos cadros de persoal de secundaria”.
Segundo a resolución provisional de secundaria a Consellaría adxudicoulle destino a 4112 profesores (dos que 806 son interinos e 1725 son substitutos) e dos que 1.138 (o 28%) van ter que impartir afins. CIG-Ensino xa entregou un escrito a Consellaría no que denuncia que na adxudicación provisional de secundaria chaman poderosamente a atención os perfís dalgunhas prazas. “Hai numerosas adxudicacións con afíns que non teñen ningunha afinidade, prazas con máis de dúas afíns, persoas que teñen o mesmo destino có curso pasado en prazas con perfís estraños (12 da especialidade de Informática con FOL no IES San Clemente), prazas correspondentes a un corpo adxudicadas a outro etc. Por outra parte, hai diferentes prazas con perfís totalmente extravagantes, adxudicadas este ano igual que anos anteriores ao mesmo profesorado”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario