O programa cooperativo Apego conta con máis eco. Once novos concellos adheríronse á iniciativa, que xa chega a 23 municipios e a máis de medio millón de persoas.
Socializar en galego a infancia é posíbel co
programa Apego, unha iniciativa que atinxe o medio millón de habitantes.
Despois de que en 2015 A Baña, Carballo, Carnota, Narón, Negreira,
Ferrol, Ourense, Pontevedra, Redondela, Rois, Santiago e Vigo se sumaran
ao programa, en primavera de 2016 fixérono, grazas ao impulso inicial
da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL),
os concellos de A Coruña, Ames, Mazaricos, Moaña, Muros, Oleiros,
Ponteceso, Rianxo, Ribadeo, Teo e Vimianzo.
Deste xeito, ábrense as posibilidades de que as familias poidan incorporar o galego á crianza dos seus fillos e fillas. O programa incorporou máis recursos ás accións que vén realizando desde o pasado ano. Con dous novos vídeos, os servizos de normalización transmiten os obxectivos do proxecto, o seu funcionamento e divulgan ferramentas útiles para incorporar o galego na crianza dos rapaces e das rapazas.
Aliás, as persoas usuarias de Apego teñen á súa disposición unha caixa con información e recursos en galego; propostas de achegamento dos nenos e das nenas á lingua e á cultura galega con naturalidade desde as primeiras idades e convocatorias de actividades.

Ningún comentario:
Publicar un comentario