Supón xa o 19% do PIB de Galiza.
A débeda pública galega segue desbocada e aumentando trimestre a trimestre, como certifican os informes do Banco de España. Supera no segundo trimestre de 2016 os 10.700 millóns de euros, batendo récords. En concreto, a débeda pública galega é de 10.727 millóns de euros, 352 millóns máis que no primeiro trimestre, e xa representa o 18,9% do produto interior bruto (PIB) do noso país.A débeda galega distribúese entre valores representativos de débeda (por 4.643 millóns, todos eles a longo prazo) e empréstitos, estes últimos por valor de 6.084 millóns: 2.478 millóns de institucións financieiras, 1.163 do resto do mundo, 2.047 do fondo de financiamento a comunidades autónomas e 396 de asociacións público-privadas.
A débeda do conxunto das administracións públicas no Estado foi de 1.106 billóns de euros neste segundo trimestre, o que supón 10.543 millóns máis que no primeiro trimestre, e situouse no 100,5% do PIB. O endebedamente público continúa a medrar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario