mércores, 14 de setembro de 2016

Alumnos de FP de Galicia poderán facer prácticas 6 meses na rexión Brainport Eindhoven, nos Países Baixos

Alumnos de Formación Profesional Superior e ensinanzas universitarias de Galicia poderán realizar prácticas durante un máximo de seis meses en empresas e institucións da rexión de Brainport Eindhoven, nos Países Baixos.

Alumnos de Formación Profesional Superior e ensinanzas universitarias de Galicia poderán realizar prácticas durante un máximo de seis meses en empresas e institucións da rexión de Brainport Eindhoven, nos Países Baixos.
Esta posibilidade prodúcese en virtude do acordo asinado este martes en Santiago polo conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e a directora de programas de Brainport Development -organización que desenvolve proxectos da rexión-, Yvonne van Hest, nunha cita na que estivo presente o embaixador de Países Baixos en España, Matthijs van Bonzel.
Segundo explicou Román Rodríguez no acto de sinatura do convenio na Cidade da Cultura, Galicia será a segunda comunidade, tras País Vasco, en asinar este acordo de prácticas con esta rexión neerlandesa.
Ao respecto, destaca que esta rexión é "un polo de referencia" a nivel de novas tecnoloxías e desenvolvementos informáticos aplicados ao mundo empresarial, polo que valora que a Comunidade galega vaia tecer lazos" con esa zona de Países Baixos.
Así, o conselleiro considera que este acordo de colaboración supón "dar un paso máis na estratexia para potenciar a FP en Galicia", nun acordo destinado a participantes no programa Erasmus +.
TRES CENTROS GALEGOS
Se ben por agora non hai estimación de cántos alumnos se acollerán a esta posibilidade, colaborarán nela os centros Politécnico de Santiago, Politécnico de Vigo e o centro integrado de FP Valentín Paz Andrade de Vigo.
Neste sentido, Yvonne van Hest dixo que é "unha gran honra" poder participar nesta colaboración con Galicia, ao tempo que informou que xa se puxo en contacto con diversos centros. Pola súa banda, o embaixador de Países Baixos en España cre que este é "un acto moi importante" debido ao "potencial que ten" Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario