50.000 titulados tiveron que emigrar na última década a outros territorios do Estado. A sangría da mocidade cualificada supón unha hipoteca sobre o futuro do país.
Entre 2003 e 2015 perto de 50.000 mozos
galegos con titulación universitaria tiveron que coller as maletas para
traballar noutros territorios do Estado, nomeadamente Madrid e
Catalunya, tamén destinos clásicos doutra emigración, a dos anos 50 e
60, que baleirou non poucas zonas do noso territorio. Eses 50.000
licenciados que tiveron que emigrar neses trece anos supón unha media de
10 licenciados cada día abandonando o noso país.
Entre 2003 e 2010, e segundo un estudo de González Laxe publicado no seu día pola Revista Galega de Economía, foron 40.000 os licenciados universitarios que emigraron. Ademais, e segundo dados da Consellaría de Economía, entre 2011 e 2015 o número de titulados que tiveron que coller o camiño da emigración foi de perto de 9.900.
A emigración das persoas licenciadas débese aos baixos salarios que hai en Galiza en comparanza cos outros territorios do Estado español e a que no noso país a propia estrutura económica non é quen de absorve todo este traballo cualificado, o que si acontece noutras zonas, como as mencionadas Madrid e Catalunya, mais tamén Euskadi, Valencia... Incluso territorios como Castela-León. Esta comunidade recibiu entre 2003 e 2010 a 2.336 licenciados universitarios galegos.
En cinco anos marcharon 43.000 persoas mozas
Non semella que sexa unha tendencia que vaia a menos. De feito, en 2015 emigraron 2.259 licenciados, a cifra máis alta dos últimos anos, onde o número dos que marchaban non superaba os 2.000 xóvenes. En 2014, por exemplo, foron 1.929 e en 2013, por volta de 1.700.
Os cálculos apontan a que cada ano a metade dos licenciados das universidades galegas deben coller o camiño da emigración. E esta é só unha parte da emigración xuvenil que sofre Galiza. Así, en 2015 marcharon do noso país un total de 9.000 mozos. De 2011 a 2015 esa cifra foi de 43.300. Toda unha hipoteca ao futuro demografico, social e económico como país.

Ningún comentario:
Publicar un comentario