Máis polo miúdo, consiste nunha guía tripla que se pose usar na súa versión web, como aplicación para dispositivos móbiles (creada pola profesora Carmen Quintana durante un curso anterior) ou como caderno en papel.
Segundo fai saber Daniel Veiga, director do IES de Verín, o centro atesoura ás súas costas unha longa tradición comunicativa sobre a súa “variada e interesante oferta de estudos”. Esta inclúese regularmente en documentos diversos en papel (folletos, dípticos e a publicación mensual Barrios) e nos novos recursos de Internet (web, blogs e redes sociais). Entre as cousas nas que se adoita facer fincapé nestas publicacións, incluída a devandita Guía do Estudante, atópanse por unha banda a liña de traballo de información e orientación académica e laboral e, pola outra, o fomento dunha “presenza moi intensa na Rede”, mediante o uso da páxina web do centro, do blog e da conta do IES no Facebook.
A guía tamén achega completa información sobre a nova oferta educativa que vén coa entrada en vigor da nova ordenación dos estudos de Bacharelato (modalidades de Humanidades e Ciencias Sociais e de Ciencias) e a continuidade da recentemente incorporada oferta de estudos de FPB.
Ningún comentario:
Publicar un comentario