Iniciará a andaina en outubro. Fai parte da Rede ibérica de clubes de lectura ecoloxista 'Terra Livre'.
Nace o primeiro clube de lectura ecoloxista que se crea en Galiza, un espazo na Coruña para a reflexión e o debate sobre o ambientalismo. Fai parte da Rede ibérica de clubes de lectura ecoloxista 'Terra Livre' e prevé comezar a andar en outubro, segundo expresou na Radio Cerna (de Adega), o seu coordenador, Eduardo Blanco.O nome procede do xornal libertario portugués 'Terra Livre', que comezou a se editar en 1913 e do que se publicaron 24 números. Foi das primeiras publicacións en tratar a cuestión ambientalista, defensa da terra...
Segundo expresou nesa conversa radiofónica Eduardo Blanco, o clube está aberto a todas aquelas persoas interesadas e o seu funcionamento quer ser asembleario. Para alén de ler e debater, tamén gostarían de convidar a autores para falar con eles das súas obras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario