A posta en marcha das reválidas, a redución de profesorado, o incremento da afinidade de materias e o peche de escolas marcan o inicio do novo curso
As organizacións que conforman a
Plataforma en Defensa do Ensino Público deron hoxe unha conferencia de
prensa para avaliar o inicio do novo curso que, na súa opinión, está
marcado pola redución de profesorado, o incremento da afinidade de
materias, o peche de escolas e a posta en marcha das reválidas. Contra
esta última cuestión, a Plataforma non descarta convocar mobilizacións o
próximo mes de outubro.
Como xa explicara CCOO hai unha
semana, a aprobación do Real decreto 310/2016, o pasado 29 de xullo,
supuxo o último chanzo da implantación da LOMCE; iso, malia que desde
numerosas instancias se amosara disposición a paralizar o calendario ou,
xa posteriormente, o PP e C's pactaran medidas nesta dirección no seu
acordo para a fracasada investidura de Rajoy.
A plena implantación da LOMCE significa que comezan a operar as reválidadas de ESO e bacharelato, unhas probas «longas, custosas, inxustas e inútiles», segundo valorou hoxe a Plataforma. Malia que non terán carácter académico neste curso 2016-2017, porén, para os seguintes anos, a lei segue sen resolver a situación das persoas que, tras finalizaren axeitadamente a súa etapa educativa, non superen as ditas reválidas.
Máis recortes
Para o novo curso, constátase redución de profesorado, en concreto 1200 postos de traballo estruturais menos que en 2009. Por provincias, 442 na Coruña, 273 en Pontevedra, 256 en Lugo e 229 en Ourense. Tamén se reduciron unidades na educación infantil e na primaria, concretamente 30 na primeira e 37 na segunda, o que levou á perda de 78 empregos estruturais de docentes.
A Plataforma tamén lamentou hoxe o incremento de interinidades e itinerancias, xunto co aumento da afinidade de materias. Na educación primaria, a porcentaxe de vacantes ofertadas para profesorado interino subiu un 3 % respecto do ano pasado e outro 4 % as prazas itinerantes —son xa case o 20 %—, ao tempo que a afinidade se incrementou tres puntos. Na secundaria, a adxudicación ao persoal interino foi de 200 vacantes máis, isto é, un 1 % máis, e a afinidade subiu o 2 %.
Reunións cos partidos
A Plataforma en Defensa do Ensino Público iniciou xa unha rolda de contactos cos partidos que concorrerán ás eleccións galegas do 25 de setembro para lles expor as súas demandas e, tamén, abrir un proceso de diálogo que se manteña na próxima lexislatura.
PP e C's enganan a opinión pública
Por último, a Plataforma denuncia que o pacto de investidura de PP e C's supuxo un «engano á opinión pública», cando menos no que atangue ao ámbito educativo. Este acordo enunciaba unha serie de medidas que incrementarían o gasto en educación —como a gratuidade dos libros de texto ou o aumento das prazas de 0 a 3 anos—, pero, ao tempo, as intencións baten no «muro» que constitúe o compromiso co Plan de Estabilidade 2014-2017, que fixa unha redución do gasto educativo ata o 3,9 do PIB, así como unha nova redución de ata o 3,7 —uns 4000 millóns de euros— para o 2018.
Así mesmo, o PP e C's comprometíanse a «conxelar» o calendario de posta en práctica da LOMCE «en todos os aspectos que aínda non entraran en vigor». Porén, como xa se indicou, a aprobación do Real decreto 310/2016 de 29 de xullo, polo que se regulan as reválidas, é o último chanzo pendente na implantación da lei.

Ningún comentario:
Publicar un comentario