Arredor de sesenta centros de ensino ofertan
portugués neste curso, pero todo se debe ao voluntariado. A
colaboración aínda está moi incipiente e o incremento do ensino do
portugués lévase a cabo pola vontade do profesorado e non polo impulso
da administración. “Estamos perdendo o tempo porque cun pouco de
investimento en meios, no ensino regrado e formación do profesorado, en
dez anos lograríamos en toda Galiza, xente formada na norma do
portugués internacional coas vantaxes que hoxe se ofrecen para cidadáns
con dominio do castelán, o inglés e portugués” afirma a profesora de
portugués da Escola de Idiomas de Santiago Antía Cortiças.
A Lei “Paz Andrade” aprobada por unanimidade no Parlamento Galego
en 2014 planifica a introdución da aprendizaxe do portugués en todos os
niveis do ensino e tamén insta ao goberno galego a estreitar lazos
económicos, audiovisuais e culturais cos países da lusofonía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario