Os reitores das tres universidades galegas, Juan Viaño (USC), Julio Abalde (UdC) e Salustiano Mato (UVigo) e o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda,
asinaron este luns un convenio de colaboración para levar a cabo un
proxecto de fortalecemento da Rede Galega de Cooperación Universitaria
para o Desenvolvemento.
O proxecto ten como obxectivo mellorar a posición do Sistema Universitario de Galicia
como axente de cooperación ao desenvolvemento a través do
fortalecemento das capacidades da comunidade universitaria galega para
pór en marcha actuacións en materia de cooperación universitaria ao
desenvolvemento e educación para o desenvolvemento. Ao longo dos últimos
anos son diversos os proxectos das tres universidades galegas que
recibiron financiamento ao amparo da convocatoria de proxectos no
exterior da Xunta de Galicia e mesmo recentemente se
ten feito unha convocatoria específica dirixida aos equipos de
investigación do sistema universitario galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario