O ERE anunciado por Extel enmárcase nunhan deslocalización que destrúe traballos no país.
Esta quinta feira era a primeira xornada de paro nas mobilizacións convocadas no sector dos centros de chamada contra o bloqueo (de 22 meses) na negociación do convenio colectivo. Nun dos centros, Extel, na Coruña, esa mobilización tiña un sentido máis contundente, ao se dirixir contra o ERE anunciado pola empresa e que ameaza 900 postos de traballo na cidade. Un posíbel remedio)? Algo tan sinxelo, tan doado e tan marabilloso como pedir atendión en galego.Desde CIG e A Mesa pola Normalización Lingüística apoian unha campaña dos traballadores para solicitar atención en galego ao chamar ao 1004. “A ausencia da opción galego nos servizos de atención telefónico destruíu 2000 empregos entre 2010 e 2012”, afirman.
As grandes empresas de luz, auga, telefonía, banca, seguros e inclusive a administración pública teñen subcontratados os servizos de atención ao público a través de empresas de centros de chamadas. Non hai moito, estes centros estaban abertos por todo o país e era doado ser atendido ou atendida en galego. Porén, na última década os centros de atención á clientela na Galiza foron pechando en canto as empresas centralizaron o servizo en grandes centros de traballo. Desde o estoupido da crise, as grandes empresas incrementaron a deslocalización dos servizos de atención cara a terceiros países.
“Destrúese emprego e o noso idioma perde un espazo común de grande importancia, o da relación entre nós e as empresas”, lembran. Por iso, “ao solicitarmos ser atendidos en galego polas grandes empresas podemos recuperar o perdido”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario