Este mércores 21 ábrese un novo prazo de matrícula da USC
tras as probas de selectividade de setembro. Coincidindo con esta data,
o presidente da Deputación, Darío Campos, o Vicerreitor da USC en Lugo,
Javier Bueno, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentaron a campaña
“Para estudar Lugo”, que promociona o Campus lucense e a Lugo como cidade universitaria. Como parte da campaña, a Deputación provincial ofrece a primeiros estudantes en 10 titulacións do Campus bolsas que custean o 50% do prezo da matrícula.
No acto tamén participaron dous dos mozos que o ano pasado se
beneficiaron das bolsas do organismo provincial. Laura Fariña Rodríguez e
Mario Gómez Novo, rapaces de Ourense e Lugo, que agora cursarán segundo
de Enxeñería Forestal e do Medio Natural. Ambos os dous destacaron as
vantaxes destas bolsas. Entre o público estivo tamén Iago Gallo, un
lucense que comezará tamén a mencionada titulación e que resultou un dos
beneficiados do desconto do 50% na matrícula en xullo.
Os tres últimos prazos de matrícula da USC son: 21-23 de setembro, 11-14 outubro e 19-21 outubro.
As 10 titulacións no Campus de Lugo con bolsas da Deputación son: Grao
en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais; Grao en Enxeñaría Civil;
Grao en Enxeñaría en Xeomática e Topografía; Grao en Enxeñaría Agrícola e
Agroalimentaria; Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural; Grao en
Lingua e Literatura Españolas; Grao en Ciencias da Cultura e Difusión
cultural; Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos; Grao en Xestión
de Pequenas e Medianas Empresas; e Grao en Administración e Dirección
de Empresas. Ao mesmo tempo que se solicita a praza nunha destas
titulacións, pódese solicitar a bolsa da Deputación que permite aforrar a
metade do custo da matrícula.
Ningún comentario:
Publicar un comentario