Son profesores de educación Infantil e Primaria, profesorado de Secundaria, de Formación Profesional, de ensinanzas de réxime especial e de Universidade. “O ensino precisa unha mudanza urxente”, defenden e é no programa do BNG, afirman, no que se reflicte o compromiso para cun ensino público, galego e de calidade.
Un total de 505 docentes asinan '25 de
setembro: mudemos o rumbo da educación en Galiza', un manifesto no que
expresan o seu apoio o BNG por entender que o seu programa é a garantía
dun “ensino público galego”. Son profesores de Intantil e Primaria, de
Secundaria, de Formación Profesional, ensinazas de réxime especial e
Universidade que consideran que se precisa “un novo modelo educativo
pensado desde e para Galiza”.
Beneficiar o privado
Os asinantes do manifesto consideran que se se pode definir a actuación do goberno do PP en Galiza en relación co ensino é “por unha política educativa de recortes permanentes”, que procuran “acrecentar e beneficiar o privado concertado”. Explican que, como consecuencia das políticas da Xunta, “nestes anos, foron destruídos 3.000 postos de traballo e eliminada a gratuidade dos libros de texto. Suprimiron máis de 400 unidades e fecharon 59 escolas públicas”. Mentres tanto,creáronse máis de 200 unidades no concertado e continuou subvencionando centros que segregan o alumnado por razón de xénero.
E a isto engádese a LOMCE, que “agrava máis esta situación porque alicerza un modelo educativo neoliberal que comporta maior privatización e españolización da educación, reforza a confesionalidade, segrega o alumnado e implanta reválidas co fin de expulsar as clases populares do sistema educativo”.
“Como docentes consideramos que o sistema educativo necesita urxentemente un cambio de rumbo”, manifestan. “Precísase un novo modelo educativo pensado desde e para a Galiza”. E é o programa que presenta o BNG ás eleccións galegas de 25 de setembro o que “satisfai en boa medida as nosas arelas pola súa concreción, propostas e aspiracións”. Explican que o programa nacionalista recolle a urxencia de derrogar a LOMCE, elaborar unha lei galega de educación e restituír os dereitos laborais e salariais do profesorado. “Asume como prioridade un ensino galego e en galego. Aposta con claridade pola supresión inmediata dos concertos educativos nos niveis non obrigatorios e nos centros que segregan o alumnado por razón de xénero, no camiño da supresión desta rede de ensino”.
“Como docentes, consideramos que o sistema educativo necesita urxentemente un cambio de rumbo. Precísase un novo modelo educativo pensado desde e para a Galiza”Estes anos de gobernos de Núñez Feijóo foron de ataques para o ensino público. O manifesto comeza lembrando o “asañamento” para co galego no ensino, reducido a mínimos, ou os recortes en salarios e dereitos para co profesorado, un colectivo ao que o goberno do PP situou, din, no centro de campañas de desprestixio.
Beneficiar o privado
Os asinantes do manifesto consideran que se se pode definir a actuación do goberno do PP en Galiza en relación co ensino é “por unha política educativa de recortes permanentes”, que procuran “acrecentar e beneficiar o privado concertado”. Explican que, como consecuencia das políticas da Xunta, “nestes anos, foron destruídos 3.000 postos de traballo e eliminada a gratuidade dos libros de texto. Suprimiron máis de 400 unidades e fecharon 59 escolas públicas”. Mentres tanto,creáronse máis de 200 unidades no concertado e continuou subvencionando centros que segregan o alumnado por razón de xénero.
E a isto engádese a LOMCE, que “agrava máis esta situación porque alicerza un modelo educativo neoliberal que comporta maior privatización e españolización da educación, reforza a confesionalidade, segrega o alumnado e implanta reválidas co fin de expulsar as clases populares do sistema educativo”.
“O BNG procura un sistema educativo galego, público, laico, coeducativo e gratuíto, no que a educación sexa un instrumento liberador para formar persoas libres, críticas e comprometidas co noso pobo”“Converteron o ensino nunha mercadoría”,
“Como docentes consideramos que o sistema educativo necesita urxentemente un cambio de rumbo”, manifestan. “Precísase un novo modelo educativo pensado desde e para a Galiza”. E é o programa que presenta o BNG ás eleccións galegas de 25 de setembro o que “satisfai en boa medida as nosas arelas pola súa concreción, propostas e aspiracións”. Explican que o programa nacionalista recolle a urxencia de derrogar a LOMCE, elaborar unha lei galega de educación e restituír os dereitos laborais e salariais do profesorado. “Asume como prioridade un ensino galego e en galego. Aposta con claridade pola supresión inmediata dos concertos educativos nos niveis non obrigatorios e nos centros que segregan o alumnado por razón de xénero, no camiño da supresión desta rede de ensino”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario