A candidata do BNG aposta por aumentar o investimento en ensino até o 7% do PIB, recuperar a gratuidade dos libros de textos e retirar as subvencións ás escolas que segregan por sexo.
O BNG centrou esta nova xornada de campaña no
ensino. A candidata dos nacionalistas á presidencia da Xunta, Ana
Pontón, apostou nunha lei galega de educación que poña fin ás “políticas
regresivas” do PP e chamou á “insubmisión contra as reválidas”,
recordando que Galiza foi “vangarda no Estado español” na súa oposición á
reforma da Lomce.
No encontro con delegados e delegadas de CIG-Ensino e representantes das Anpas Galegas, celebrado en Santiago de Compostela, Pontón asegurou que unha lei educativa propia para “blindar o ensino obrigatorio, a súa gratuidade así como o progresivo aumento de recursos ata investir o 7% do PIB como fan algúns países que apostan realmente pola educación”.
“Os recortes tiveron unha incidencia directa, pero podería ter sido peor de non ser por un alumnado e un profesorado tan comprometido”, afirmou Pontón, que agradeceu “o gran traballo” do sector para facer que os recortes “tivesen o menor impacto sobre o país”.
Pontón matizou que a lei galega de educación que propón retirará as subvencións públicos a aqueles centros que segregan por sexo. “Queremos un ensino coeducativo e igualitario”, apuntou, sinalando que apoiar estes centros “é a base da desigualdade”. A representante dos nacionalistas continuará a campaña durante esta tarde cun mitin ás 20.30 horas en Bueu, no IES Johan Carballeira, xunto Luis Bará e Félix Juncal.

Pontón propuxo “dotar os centros públicos de profesorado preciso, baixar ratios de alumnado por aula e restituír a gratuidade dos libros de texto”Nese sentido, a aspirante nacionalista defendeu que estas medidas permitirían “dotar os centros públicos de todo o profesorado preciso, baixar ratios de alumnado por aula no bacharelato e restituír a gratuidade dos libros de texto”. Propostas que, segundo a candidata do BNG, fagan avanzar cara “un modelo de ensino vinculado á realidade da sociedade galega consonte ás súas potencialidades e necesidades, a súa lingua, cultura e historia”.
Pontón matizou que a lei galega de educación que propón retirará as subvencións públicos a aqueles centros que segregan por sexo. “Queremos un ensino coeducativo e igualitario”, apuntou, sinalando que apoiar estes centros “é a base da desigualdade”. A representante dos nacionalistas continuará a campaña durante esta tarde cun mitin ás 20.30 horas en Bueu, no IES Johan Carballeira, xunto Luis Bará e Félix Juncal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario