O sector medra ano tras ano e as empresas galegas prevén facturar máis de 300 millóns de euros en 2020.
A
USC participa no congreso
BioSpain 2016 de xeito conxunto coa Axencia Galega de Innovación (
GAIN), a Axencia de Coñecemento en Saúde (
ACIS),
Universidade de Vigo e o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (
Bioga)
para visibilizar de xeito integral a potencia do sector biotecnolóxico.
BioSpain 2016 é un evento bienal organizado do 28 ao 30 de setembro en
Bilbao pola Asociación española de Bioempresas (
ASEBIO)
e co organizado nesta edición polo Goberno Vasco a través da Axencia de
Desenvolvemento Empresarial Vasca. Inclúe unha feira comercial, un
evento de
partnering, un foro de inversores e conferencias con convidados nacionais e internacionais,
sesións científicas da man de dez sociedades científicas e un Foro de Emprego.

A delegación galega estará presente na zona de exposición nun espazo
agrupado en 32 metros cadrados. Tamén haberá unha destacada
participación dos asistentes na zona de
partnering e non faltará actividades de visibilización do
sector biotecnolóxico galego
en paralelo ás actividades propias do evento. Como explica GAIN, este
proxecto de asistencia integrada conseguirá a maior representación
galega en toda a historia do congreso
BioSpain e unha das máis importantes representacións rexionais do encontro.
Bioga agrupa ás empresas de biotecnoloxía, un sector en progresión en Galicia
Segundo os datos do último informe Asebio,
Galicia
sitúase entre as primeiras comunidades españolas en canto á súa
competitividade en innovación biotecnolóxica, sendo a terceira con maior
actividade bioemprendedora no ámbito nacional. Ademais, a presenza de
dous Campus de Excelencia Internacional galegos fan da rexión un dos
principais focos estatais de xeración de coñecemento en ciencias da
vida. Pola súa banda, a
Xunta de Galicia publicou
recentemente a Estratexia Galega de Impulso á Biotecnoloxía que sinala o
sector como clave para a competitividade futura da rexión e prevé a
mobilización de máis de 200 millóns de euros para a creación de máis de
30 novas empresas biotecnolóxicas e 300 empregos especializados. As
estimacións prevén que este sector podería alcanzar en Galicia un nivel
de facturación de
300 millóns de euros anuais en 2020.
Ningún comentario:
Publicar un comentario