A Plataforma galega en defensa do ensino público convocou unha concentración en San Caetano no inicio do curso escolar. Advirte de que se non retiran as reválidas fará un chamamento á insubmisión.
Comezou un novo curso escolar e con el as
mobilizacións e protestos do sector do ensino. Esta cuarta feira, e
fronte San Caetano, onde está a Consellaría de Educación, a Plataforma galega en defensa do ensino público
(PGDEP) realizou unha concentración na que pedía o fin das reválidas e
da Lomce ao tempo que denunciaba os recortes no ensino, no que faltan
medios, prazas e recursos. “Este curso empeza con 64 unidades e 13
escolas menos no público cando no ensino privado concertado, que mantén
unha posición clara de beneficio e aposta descarada, terá 38 unidades
máis e recibe 250 millóns de euros”, explican. Datos que hai que engadir
aos dos últimos anos, recollidos pola CIG-Ensino: “En 5 anos
suprimíronse 411 unidades e 59 escolas no ensino público e creáronse 243
unidades no privado concertado”.
Mais esta non é a única denuncia da PGDEP, que lembra que en 200 unidades se supera a ratio máxima establecidas. Ou a falla de profesorado, “nomeadamente de Pedagoxía Terapeútica, Audición e Linguaxe e de Orientación”. Ademais, máis de 3.000 familias quedan sen prazas no ensino infantil –de 0 a 3 anos- e por volta de 4.000 alumnos non van poder estudar o ciclo de formación profesional que queren.
Reválidas
O rexeitamento das reválidas e a Lomce tamén estivo presente na concentración. Anxo Louzao, en representación da Plataforma, dixo que se non retiran as reválidas a Plataforma fará un chamamento á insubmisión a estas probas que foron rexeitadas o curso pasado por máis do 80% das familias
Fernando Lacaci, das ANPAS, insistiu en que o ensino segue lonxe de ser gratuíto e que as familias teñen que pagar os libros, os materiais, as saídas e todo o que se fai fóra do que é a docencia estrita na aula. Neste sentido Iria Figueroa, estudante, referiuse tamén á suba das bolsas e ao alumnado que non pode estudar o bacharelato no instituto que escolle, por falta de prazas pero tamén de medios económicos para desprazarse.
Galego
A situación do galego tamén estivo presente na mobilizacíon. Louzao denunciou que a situación da lingua propia de Galiza agrávase coa LOMCE -"porque a materia de Matemáticas, que o profesorado está obrigado a impartir en castelán, ten unha hora máis"- e o feito de que a Xunta segue sen cumprir a lexislación ao non avaliar o proceso de normalización lingüística no ensino.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público está integrada pola AS-PG, CIG-Ensino, Erguer. Estudantes de Galiza, Federación Provincial de ANPA de Lugo (FAPACEL), Federación de ANPA de Compostela, Federación de ANPA da Costa da morte, Federación de ANPA de Ferrolterra (FEANPAS), Movemento Dezao en Defensa do Ensino Público, Sindicato de Estudantes, BNG, Galiza Nova e Federación de ANPA de Ponteareas (FANPO).

Ningún comentario:
Publicar un comentario