Unha vez analizados e avaliados os proxectos presentados, elixiranse os finalistas que participarán no acto, que terá lugar o día 21 de outubro no auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. Nesta xornada os finalistas presentarán o seu proxecto diante do xurado que, posteriormente, emitirá a súa resolución. Ao remate do acto entregaranse os galardóns, cunha dotación económica de 1.500€ e 750€ para o primeiro e segundo respectivamente.
Materiais de apoio para os aspirantes
Este edición conta con algunhas novidades como a posta á disposición dos aspirantes dunha serie de materiais de apoio, a través da wiki do portal Mancomún sobre diferentes aspectos a ter en conta nos proxectos de software libre, como o correcto licenciamento do proxecto ou as ferramentas que debería ter un proxecto de software libre para facilitar a creación dunha comunidade ao seu redor, como poden ser listas de correo, un repositorio público co código fonteEntrevistas aos gañadores doutras edicións
Como aliciente para a participación na convocatoria, a Oficina de Software Libre da AMTEGA vén publicando no último mes unha serie de entrevistas a galardoados de anteriores edicións, dispoñibles na páxina do premio. Nesta sección 2 gañadoras e 4 gañadores contan de primeira man o que supuxo para eles este premio, a influencia que puido ter na súa traxectoria xa profesional, se segue ligada dalgún xeito ao software libre, e mesmo achegan diferentes recomendacións ás alumnas e alumnos que vaian facer o seu proxecto de fin de carreira.Os entrevistados coinciden en destacar aspectos como a posibilidade de que o seu esforzo e traballo poida servir para alguén máis; as posibles portas laborais que abre contar cun repositorio aberto onde as empresas poidan ver directamente o teu traballo; a posibilidade de colaborar con outros proxectos libres e aprender do traballo en comunidade; ou simplemente unha forma de amosar interese polo coñecemento e por compartilo e o estímulo á curiosidade e a aprendizaxe autónoma.
Ningún comentario:
Publicar un comentario