As universidades do sistema público galego celebrarán este venres o acto oficial co que se dá apertura ao curso académico no ensino superior de Galicia.
A sesión celebrarase no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, da Universidade de Santiago de Compostela e contará coa presenza dos tres reitores galegos, Juan Viaño (USC), Xulio Abalde (UDC) e Salustiano Mato (UVigo), xunto a autoridades como o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, entre outros.
O reitor compostelano pronunciará un discurso en nome das tres institucións académicas, e posteriormente celebrarase unha lección inaugural por parte do catedrático de Lingua Española Alexandre Veiga, que levará por título 'O labor dos copistas dun texto poético de Clerecía'.
A pesar de ser unha xornada non lectiva, manterase a actividade normal e horarios de atención ao público nas Unidades de Xestión Académica do Campus Norte, Vida e Lugo, así como o Servizo de Xestión Académica e a Oficina de Información Universitaria.
Por outro lado, este venres ábrese o quinto prazo de matrícula para o sistema universitario galego, que se estenderá ata as 14.00 horas do martes 13 de setembro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario