xoves, 22 de setembro de 2016

A Irmandade Xurídica Galega recibe o Premio da Cultura Galega na categoría de Lingua


A Irmandade Xurídica Galega, entidade que promove o uso do galego no ámbito xurídico, recibiu o Premio da Cultura Galega na categoría de Lingua, co que se recoñece o seu labor na conservación e difusión do galego.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2016 fixo públicos os oito galardoados que son recoñecidos este ano polo seu labor no ámbito da creación, conservación e difusión cultural.
Nas outras categorías, os galardoados son: María Xosé Queizán (Letras), Miguel Fernández-Cid (Artes plásticas), Sarabela Teatro (Artes escénicas), Maximino Zumalave (Música), Numax (Audiovisual), o Museo de Pontevedra (Patrimonio cultural), Elena Zernova (Proxección exterior).
Para ampliar esta información, preme aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario