venres, 9 de setembro de 2016

O Mencer activará de novo as clases de apoio escolar

A inscrición abrirase o día 13 e ata o 10 de outubro.

A asociación O Mencer de Lalín activará un curso máis as clases de apoio a escolares e tutorías individualizadas. A inscrición para sumarse ao Cole do Mencer abrirase o día 13 e prolongarase ata o 10 de outubro, podendo formalizarse todos os martes e xoves, de 19.00 a 20.00 horas nas súas instalacións. Tamén fan un chamamento a voluntarios para impartir estas clases. Os actuais colaboradores están citados a unha reunión o día 20, ás 20.00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario