Son, en total, 32 accións que buscan obstaculizar a aplicación da contestada lei ou minimizar os seus efectos. Entre elas, hai algunhas que poden adoptar os consellos escolares, outras que corresponderían ao profesorado e outras que se dirixen ás nais e paisO documento estrutúrase en varios bloques, comezando polo artigo da lei que en cada caso se denuncia, a medida concreta que recomenda adoptar para contrarrestalo, o colectivo que pode adoptar esta medida (consello escolar, claustro de profesores ou nais e pais) e as consecuencias negativas que podería ocasionar á persoa ou persoas que sigan a recomendación. "Na meirande parte dos casos non hai ningún tipo de consecuencia negativa ou posibilidade de sanción, por suposto, agás no caso de que algún mestre se negue a realizar algunha das avaliacións fixadas pola lei", destaca Cabezudo.
Nas vindeiras semanas sindicato comezará a envialo aos centros educativos, poñelo en común cos mestres nas asembleas de profesorado que realizan, e tamén o distribuirá entre as asociacións de pais e nais. Pode que mesmo sexa impreso e encadernado, de xeito que funcione nos vindeiros anos como un manual de uso para opoñerse á LOMCE, que comezará a aplicarse o vindeiro ano en tres cursos de primaria e un de formación profesional básica. "Hai quen di que se hai un cambio de goberno en 2015, esta lei vai ter pouco percorrido, pero unha vez que unha lei comeza a aplicarse, despois é difícil reverter algúns dos seus efectos. Por iso están tan empeñados en acelerar a súa implantación", advirte.
Hai algunhas referidas "a recuperar a democracia nos centros educativos, que desaparece coa LOMCE, ao retirarlle o poder decisorio aos Consellos Escolares e centralizar a toma de decisións nas direccións dos centrosEntre as 32 medidas recollidas no documento hai algunhas referidas "a recuperar a democracia nos centros educativos, que desaparece coa LOMCE, ao retirarlle o poder decisorio aos Consellos Escolares e centralizar a toma de decisións nas direccións dos centros" -destaca o representante do STEG- "a programación didáctica do centro era sempre aprobada polo Consello Escolar e o Claustro e agora pode ser aprobada unicamente polo director". "Por iso, pedímoslles aos membros dos consellos escolares e dos claustros que fagan unha certa presión, que fagan as súas propostas, o director non ten a obriga de aceptalas, pero hai que intentalo", destaca.
Pídeselles ás nais e pais que non escollan para os seus fillos e fillas a materia de Relixión, outra das grandes beneficiadas da nova leiDe igual xeito, a LOMCE permite que os Concellos poidan ceder solo público para a construción de centros privados. "Solicitámoslles aos consellos escolares que se dirixan aos concellos para que non cedan estes terreos", explica. Cabezudo tamén se refire ao polémico artigo 122 da LOMCE, que fai referencia á posibilidade dos centros de secundaria de especializarse, seguindo a filosofía do "proxecto educativo de calidade". "Para nós esta é simplemente unha escusa para fomentar a educación privada e construír centros de elite, como os que xa están funcionando en Madrid. Pedímoslles aos consellos escolares dos centros que non se sometan a este modelo de especialización dos centros de secundaria", di.
Outras das accións propostas dependen dos pais e nais, aos que se lles pide, por exemplo, que non escollan para os seus fillos e fillas a materia de Relixión, outra das grandes beneficiadas da nova lei. Tamén lles piden que "escollan materias que na LOMCE van quedar relegadas a un segundo plano, coma a educación artística ou a filosofía". "Pedímoslles a nais e pais que pensen no que sería bo para os seus fillos e fillas", conclúe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario