luns, 28 de abril de 2014

A Federación provincial reúnese con Anpas da zona

Membros da Federación de Anpas de la Provincia de Pontevedra (Fanpa), reactivada recentemente, entre eles, o presidente, Rogelio Carballo, e a integrante lalinense da directiva, Elena Buceta, reuníronse onte cunha decena de Anpas da zona para o primeiro contacto. O obxectivo era que todos coñecesen en máis detalle o funcionamento da Federación. Algunhas Anpa non federadas valorarán a posibilidade de sumarse. Dende os colectivos incidiron na importancia do intercambio de información.

Ningún comentario:

Publicar un comentario