Volven pedir a retirada da LOMCE.
A Federación de Estudantes Progresistas
(FAEST), Estudantes en Movemento e a Plataforma de Afectados polas
Bolsas convocaron conxuntamente unha folga en todos os centros
educativos e universidades para o próximo 8 de maio en protesta polos
recortes en educación e polos atrasos no pagamento das bolsas, ademais
de volver pedir a retirada da Lei Orgánica de Mellora da Calidade
Educativa (LOMCE).
O presidente de FAEST, Fidel González, explicou que esta marcha "é complementaria" á anunciada este martes polo Sindicato de Estudantes e a Plataforma de Afectados polas Bolsas,
que convocaron unha manifestación para o próximo martes (29 de abril)
en protesta por "os atrasos, a redución e a inseguridade nas bolsas".En principio, a manifestación do 8 de maio "está aberta ao resto das organizacións estudantís", segundo detallou González, que augurou "o case seguro respaldo" da Plataforma da Escola Pública. En canto á elección da data, indicou que se intentou que sexa "antes do inicio dos exames" mentres que as accións a seguir durante a xornada se concretarán nos próximos días.
Segundo González, "os estudantes non poden seguir aguantando que este Goberno siga recortando dereitos e bolsas, sen facer nada,". "O grave atraso no pagamento das bolsas e os recortes nestas que deixaron a miles de estudantes nunha situación límite, foron a gota que encheu o vaso para convocar esta folga estudantil", engadiu.
Este martes, representantes de Sindicato de Estudantes e a Plataforma de Afectados polas Bolsas entregaron unha carta ao ministro do ramo, José Ignacio Wert, na que denunciaban a "nefasta política" en materia de bolsas e cualificaban de "inadmisible" a "tardanza na notificación e posterior entrega das bolsas que corresponden aos estudantes e que xa lles foron asignadas".
Ningún comentario:
Publicar un comentario