A CIG-Ensino denuncia que Política Lingüística seleccionou novo profesorado sen criterio públicos e transparentes
A CIG-Ensino visitou este luns 1 de abril
os centros nos que se empezaban a impartir cursos CELGA acompañando a
profesores e profesoras que foron despedidos para informar aos
asistentes da actuación da Secretaria Xeral de Política Lingüística.
O obxectivo da CIG-Ensino era tamén o de persuadir ao profesorado que aceptou impartilos de que estaba a tempo de solidarizarse con profesorado despedido despois de que o sindicato denunciara na Inspección de Traballo que estaban traballando sen contrato e sen ser dados de alta na Seguridade Social.
A CIG-Ensino puido comprobar que nalgúns cursos o profesor/a non se presentou este primeiro día e que tamén a Secretaría Xeral de Política Lingüística recorreu, non se sabe con que criterio, a persoal que non é docente da especialidade de Lingua e Literatura Galega e que se prestou a impartilos diante das dificultades da Xunta para atopar docentes.
A CIG-Ensino xa acudiu o xoves 27 de marzo á EGAP, en Santiago, para intentar persuadir ao profesorado que accedeu a impartir os cursos e que foi convocado pola SXPL para ese día. “Ao secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, non lle chega con despedir a este profesorado senón que aproveita para estender a súa rede caciquil ao seleccionar aos docentes de maneira nepotista. A inmensa maioría do profesorado de Secundaria negouse a ser cómplice desta actuación vengativa e represora”, explica Anxo Louzao, secretario xeral da CIG-Ensino, “o que levou incluso a que haxa cursos que non se impartan recaendo sobre os usuarios as consecuencias de que isto suceda”,
Ningún comentario:
Publicar un comentario