luns, 28 de abril de 2014

Rubalcaba inicia o martes no Congreso unha nova ofensiva esixindo a Rajoy que se pronuncie sobre as bolsas

Ofensiva parlamentaria do PSOE

O secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, iniciará o próximo martes a ofensiva parlamentaria que ten preparado o Grupo Socialista contra o novo sistema de bolsas, que precisamente o ministro de Educación, Cultura e Deporte, José Ignacio Wert, presentou este xoves ás comunidades autónomas.
Así, o líder socialista esixirá o martes ao xefe do Executivo, Mariano Rajoy, explicacións sobre se considera, que "a súa política educativa favorece a igualdade de oportunidades" durante a sesión de control ao Goberno, que a próxima semana se celebra martes e mércores, dado a 'Ponte de maio'.
Nesa mesma sesión parlamentaria, o PSOE interpelará o ministro de Educación sobre o balance do novo sistema de bolsas implantado polo Goberno.
Ao termo da reunión deste xoves entre a cúpula de Educación e as comunidades autónomas, a secretaria de Estado de Educación, Monserrat Gomendio, confirmou que a contía media das bolsas universitarias baixara de 3.101 euros a 2.824 euros este curso.
Nesa reunión, o Executivo formulou ás comunidades autónomas a súa proposta de regulación do sistema de bolsas para o próximo curso 2014-2015, que recolle novidades como unha rebaixa da esixencia para xustificar a axuda nas ramas de Ciencias e Ensinanzas Técnicas.

AS BOLSAS ESTÁN PEOR

O PSOE quere denunciar deste modo que Wert protagonizou "o maior recorte sufrido nos presupostos educativos, retrocedendo a niveis de hai máis de oito anos, cunhas consecuencias desvastadoras na garantía da igualdade de oportunidades.
Ao seu xuízo, o Goberno endureceu os requisitos académicos para o acceso a bolsa e reduciu "drasticamente" a contía destas.
Ao mesmo tempo, critica que co novo sistema implantado polo Goberno, a partida de bolsas se fixa sen atender ao número de bolseiros, de forma que se deixa fóra a alumnos que cumpren os requisitos económicos para obter bolsa.
Como consecuencia deste novo sistema, os socialistas consideran que, á parte dos atrasos no pagamento das bolsas, se produciu unha diminución xeneralizada na contía destas, a inseguridade na que se encontran os estudantes pola imposibilidade de coñecer con suficiente antelación a contía das súas bolsas, e a dificulta de reclamar en caso de recibir unha dotación inferior.
"Os estudantes con menos recursos están a ser gravemente prexudicados ao sufrir unha redución de preto do 20 por cento. Fronte ao anuncio do Goberno de que este ano habería o maior presuposto da historia para bolsas, a realidade é que está a ser o ano en que se están a recibir as bolsas menores, conclúe a iniciativa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario