O ministro José Ignacio Wert viuse envolvido nunha nova polémica despois de que proliferasen as denuncias pola existencia de contidos pornográficos na aula virtual de Educación para fillos de emigrantes.
Os supostos contidos pornográficos no
programa educativo en lingua e cultura españolas para fillos de españois
no exterior foron denunciados nun comunicado pola Plataforma REALCE
(Plataforma de Recuperación das Ensinanzas de Lingua e Cultura
Españolas) xunto con asociacións de nais e pais, colectivos de
emigrantes, Consellos de Residentes no Exterior, sindicatos,
conselleiros do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior e pais e
nais a título individual, apoiados tamén pola Plataforma pola Educación
Pública e a Marea Verde.
No devandito comunicado, que pode lerse
en xornalgalicia.com, denúnciase que o Ministerio de Educación “impuxo o
uso, contra o clamor da comunidade educativa, dunha plataforma online
de pésima calidade pedagóxica e, ademais, insegura” e explica que Pais e
nais de Alemaña, Francia, Holanda, Reino Unido, Suíza e outros países,
así como sindicatos de profesores, levan case un ano mobilizados contra
esta trangallada”.
Pais indignados
Estes colectivos aseguran no comunicado
que “é indignante e vergonzoso que despois dunha denuncia presentada o
pasado mes de xaneiro, con contundentes probas do achado de elementos
pornográficos, a profesores, directores, conselleiros e ao Ministerio de
Educación, Cultura e Deporte español, os alumnos deban continuar
navegando por unha páxina web de uso obrigatorio que contén enlaces con,
banners publicitarios, vídeos pornográficos, fotos suxestivas ou chats
eróticos”. E fan notar que todo iso “un caldo de cultivo inaceptable
para menores que incrementou, aínda máis, a indignación dos pais e cuxa
denuncia cobra máis forza que nunca,”.
A Plataforma “REALCE” foi creada o
pasado mes de outubro en París e é unha iniciativa que xorde en resposta
aos intentos por parte do Ministerio de Educación de “desmantelar este
programa dedicado aos fillos dos emigrantes e residentes españois no
exterior, segundo explican os seus promotores na súa web.
O PSOE pide que compareza Wert
Os socialistas denunciaron o mal
funcionamento da devandita Plataforma Aula Internacional para nenos
españois no exterior e instaron ao Goberno a tomar medidas para garantir
que os menores de entre 7 e 10 anos, alumnos destas aulas virtuais de
lingua e cultura españolas, poden acceder a materiais “axeitados e de
calidade”.
Así consta nunha pregunta parlamentaria
presentada pola deputada por Pontevedra e secretaria de Emigración do
PSOE, Carmela Silva, na que se fai eco dunha denuncia que formularon os
nais e pais de orixe española de Alemaña, alertando da “inseguridade” á
que se enfrontan os seus fillos de entre sete e dez anos,
Ademais, nun comunicado, a
vicesecretaria xeral do PSOE Europa, Ángela Sabater, pediu a Wert que
proceda a eliminar inmediatamente todo enlace a páxinas que difundan
contido inadecuado e compareza no Congreso dos Deputados para dar as
oportunas explicacións”.
“Cousas como estas non acontecen en
ningún país da Unión Europea”, asegurou, lamentando que os pais
afectados “sofren o absoluto desinterese do Goberno do PP”, que “ata
agora”, non respondeu aos correos certificados nos que o informaban
deste problema.
Fonte orixinal da nova: El boletín.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario