O profesorado dos cursos CELGA foi despedido tras presentar
reclamacións ante a Inspección de Traballo por “traballar sen contrato e
sen Seguridade Social”.
A parlamentaria do BNG, Ana Pontón reclamou hoxe na Comisión de
Educación e Cultura celebrada no Parlamento galego, “a dimisión de
Valentín García” ante o conflito laboral creado pola secretaría xeral de
Política Lingüística que despediu ao profesorado dos cursos
preparatorios CELGA.
A deputada explicou que a Inspección de
Traballo sancionou á Xunta de Galiza pagar as contías adebedadas á
Seguridade Social, tras ser presentada unha demanda dos traballadores
reclamando os seus dereitos laborais e acusou ao titular de Política
Lingüística de “crear un novo problema deixando a moita xente no paro”.
Os
cursos de ensino galego para persoas adultas “ non comezaron con
normalidade” afirmou a deputada que alertou ademais da presentación de
máis reclamacións, e “todo por despedir pola porta de atrás a
traballadores e traballadoras que reclamaban os seus dereitos laborais”.
A
deputada lembrou que no mes de xaneiro foi publicada a listaxe
provisional do profesorado colaborador para impartir os cursos como se
viña facendo durante trinta anos, e agora que hai unha sentenza que
recoñece os dereitos laborais destes traballador@s, “vostedes deciden
despedilos”.
Para a deputada os despedimentos responden a unha
“persecución da Xunta de Galiza” que está a pisotear os dereitos da
lingua galega e os dereitos básicos dos traballadores.
Vostedes
tiveron propostas dende o ámbito sindical para solucionar este problema
pero cerráronlles a porta para non atender as reclamacións, censurou a
nacionalista.
A secretaría Xeral de Política Lingüística estase a
converter “nun instrumento represor do galego e dos traballadores que
reclaman os dereitos laborais”, afirmou Pontón.
Pola súa parte,
Valentín García negou “revanchismo e persecución do profesorado” e
asegurou que a Xunta agardará ao remate do proceso xudicial para tomar
unha decisión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario