O proxecto da Xunta para dinamizar o idioma galego ofrece máis de 150 actividades
Lalín é unha das 22 vilas galegas nas que o grupo Caramuxo Teatro vai
representar a súa obra "As fabas máxicas". A función estreouse o sábado
en Betanzos e chegará a terras dezano o próximo mes de xuño, durante o
que tamén visitará as localidades de Vilalba, Celanova, Tui, Ponteceso, A
Veiga, Cee e Pontedeume.
Esta función forma parte das 150 propostas do proxecto FalaRedes, un plan de dinamización lingüística que promove a Consellería de Cultura e Educación. Con esta peza pretende fomentar o uso da lingua galega entre nenos a partir de catro anos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario