A escola de nais/pais é un
espazo de encontro, comunicación, formación e reflexión orientado a
mellorar a competencia educativa das familias con nenos/as
escolarizados. É un recurso de axuda e apoio ás familias para facilitar e
potenciar a súa labor educativa e socializadora.
O programa consta dun total de
cinco sesións, celebrarase unha por mes, cunha duración de hora e media
por sesión. O horario será fixado atendendo a dispoñibilidade das
familias asistentes, evitando interferencias na vida laboral e familiar.
Os temas abordados desenvolveranse de maneira práctica e activa facilitando o debate e diálogo dos asistentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario