O Laicismo, aparece historicamente como un dos principios básicos de toda democracia, vinculado ao recoñecemento da liberdade de pensamento, á igualdade entre a cidadanía, en dereitos e deberes e, xa que logo, á non discriminación por razón das súas ideas e crenzas.
A Escola é, xustamente, unha desas institucións públicas, onde é preciso observar -de forma máis escrupulosa- o principio de laicidade ou neutralidade por ter como función a satisfacción dun dereito universal, como é a Educación, que incumbe ao conxunto das cidadás e cidadáns sen excepción.
De acordo cos fins que lle son propios, a Escola ha de educar sen dogmas, en coñecementos científicos e universais, en valores humanistas e cívicos, no respecto aos dereitos humanos, na asunción da diferenza e da diversidade, sobre a base da igualdade en dignidade e dereitos, nos principios éticos e democráticos que son comúns a todos, sen distinción.
Os Centros Escolares NON deben ser, en ningún momento, un lugar de exclusión e discriminación. Nenos e nenas non deben ser separados en función das crenzas ou conviccións das súas familias. En consecuencia, a relixión, nas súas formas confesionais, debe saír do currículo e do ámbito escolar, co fin de respectar os dereitos de toda a comunidade educativa e para que non se interrompa o normal funcionamento da organización dos centros educativos
Unha aposta decidida pola Escola Pública, Gratuíta, Democrática e Laica, por parte da sociedade e dos poderes públicos, é unha garantía para avanzar cara a un modelo educativo integral, compensador de desigualdades e que eduque para a convivencia, dentro dun proxecto común de cidadanía, inclusivo. Actualización da campaña: Ante os ataques que está sufrindo a Escola Pública e ante a confusión dalgunhas mensaxes sociais e políticos, reafirmamos a nosa loita por unha Escola Pública Laica, que garanta o dereito universal á Educación, no respecto estrito aos principios democráticos.
En defensa do laicismo no marco escolar e baixo o lema:
¡Relixión fóra da Escola!
Esiximos:
• A derrogación dos Acordos coa Santa Sé.
• Que a relixión deixe de formar parte do currículo e do horario lectivo, saíndo da Escola.
• Que ningunha simboloxía relixiosa teña presenza institucional nos centros escolares.
• Que con diñeiro público non se financie o adoctrinamiento relixioso en ningún centro escolar ou que segregue por razón de sexo ou por outra natureza ideolóxica ou social.
Asina AQUÍ
(Sinaturas que chegarán ao Congreso dos Deputados, ao Ministerio de Educación e ao Consello Escolar do Estado e se fará periódicamente ampla difusión das mesmas)
Manifesto por unha escola Pública e Laica ¡Relixión fóra da escola!
Ningún comentario:
Publicar un comentario