Oito manifestacións en todo o país reclamarán pasos adiante na nosa lingua convocadas pola plataforma Queremos Galego. As mobilizacións "expansivas" queren “multiplicar por oito” a resposta social do pasado ano no momento que cualifican como de maior retroceso para o galego.
O cartaz das mobilizacións convocadas para o
17 de maio reescribe o famoso verso inicial do poema “Penélope” de Díaz
Castro para cruzar o "atrás" e construír o lema das oito manifestacións
que percorrerán o país o próximo Día das Letras Galegas. “Un paso
adiante e outro adiante Galiza”, será a lenda coa que a plataforma
Queremos Galego buscará multiplicar por oito a masiva mobilización do
pasado ano. Denuncian desde a plataforma en defensa da lingua que tanto a
administración central como autonómica deron unha multa inxustificada
como única resposta á multitudinaria protesta.
Un manifesto común lerase nas mobilizacións convocadas en Vigo, A Coruña, Ferrol, Ourense, Pontevedra, Santiago, Lugo e Foz ás 12 horas nas que participarán respresentantes do mundo da cultura en actos que queren ser reivindicativos mais tamén lúdicos.
O obxectivo da convocatoria é reclamar o uso da nosa lingua en todos os ámbitos no que consideran o momento de maior retroceso no proceso de normalización, en especial, no ámbito do ensino, coa consecuencias da reforma centralizadora que relega aínda máis a presenza do galego. No acto de presentación, no que estiveron presentes representantes das distintas entidades que compoñen Queremos Galego, defendeuse a vinculación imprescindíbel dos logros sociais e políticos do país cos “pasos adiante” na lingua.

Ningún comentario:
Publicar un comentario