martes, 22 de abril de 2014

COMUNICADO DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

A Plataforma en Defensa do Ensino Público integrada polas organizacións (CCOO, FETE-UGT, CONFAPA, Sindicato de Estudantes, IESGA e Escola Viva) representativas do sector educativo tendo en conta a situación actual do ensino en Galicia e no seu afán de facer participes a todas as institucións das súas propostas para o Ensino Público, ven de solicitar unha entrevista co Valedor do Pobo para expresar a súa preocupación polos temas que están a marcar o devir da educación na nosa comunidade e avanzar as liñas de actuación nos mesmos. 
Non debemos esquecer que estamos nun momento no que as políticas impulsadas polos gobernos estatal e autonómico estan a incidir na perda de recursos nos centros educativos e que as familias están a soportar o recorte de dereitos e prestacións nos servizos educativos, o que agrava ainda máis as consecuencias da crise económica nos fogares galegos.
Así mesmo estamos inmersos na implantación dunha nova lei educativa, a LOMCE, que foi aprobada co rexeitamento de toda a comunidade educativa e que a estas datas aínda non se coñece como vai a ser o desenvolvemento da mesma na nosa comunidade e como vai a afectar á organizacións dos centros, ao alumnado que inicia estudos no vindeiro curso e ás familias.
Os temas a tratar na citada xuntanza serían os referidos a libros de texto e material curricular, comedores escolares, recursos humanos dos centros educativos, inversión pública en educación, recortes en educación e desenvolvemento da LOMCE.


PDF - 260.9 KB
Entrevista co Valedor do Pobo

Ningún comentario:

Publicar un comentario