O informe PISA supón un novo revés a España, esta vez en habilidades prácticas.
Unha e outra vez, o informe PISA insiste en advertir de que o nivel
dos alumnos españois está lonxe do que debería ser. Se en probas
anteriores obtiveran mediocres resultados en matemáticas, ciencias e
comprensión lectora, a última avaliación realizada demostrou que en
habilidades prácticas os resultados son peores. Nunhas probas que miden a
capacidade para desenvolverse na vida, como programar o aire
acondicionado ou sacar un billete de transporte combinado, os alumnos
españois de 15 anos están 23 puntos por debaixo da media dos países da
OCDE e 30 puntos por debaixo de Francia, Italia e Alemaña.
Trátase dun auténtico drama do que non parecen ser de todo conscientes os responsables en todos os ámbitos. Perdeuse -dende hai tantos anos- demasiado tempo en loitas ideolóxicas estériles sobre o papel que debe ter a relixión na escola ou sobre que valores se han de transmitir en lugar de buscar o consenso necesario para dar o xiro que a educación necesita no noso país. Non houbo reforma capaz de endereitar a situación, e está por ver que a última poida achegar cambios substanciais. "Fai falta un cambio radical na metodoloxía do ensino", afirmou a secretaria de Estado de Educación, para superar modelos "anticuados" baseados só en memorización de contidos. O que o informe PISA suxire é que hai que dotar os alumnos das habilidades necesarias para aplicar os coñecementos que adquiren; o importante non é canto se sabe, senón que se pode facer co que se sabe, e ser ademais capaz de aprender o que se ignora.
Cun profesorado decimado, desanimado e sen posibilidades de reciclaxe, dificilmente se poderán vencer as inercias didácticas que conduciron a estes resultados. A educación requiría e segue requirindo un pacto de Estado que permita alcanzar un diagnóstico fiable das carencias que temos e aplicar os cambios necesarios. É urxente, en primeiro lugar, unha formulación pedagóxica moito máis orientada a desenvolver capacidades e habilidades creativas. E en segundo lugar, medidas de reforzo da actividade docente, con programas destinados a mellorar a capacidade didáctica do profesorado e de apoio aos alumnos máis demorados. Sen medidas extraordinarias, dificilmente lograremos superar o diferencial que nos separa dos mellores.

Ningún comentario:
Publicar un comentario