Durante o seu discurso, Mato dirixiuse ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para pedirlle que no próximo plan de financiamento das universidades, que debe arrincar dentro de dous anos, se aproveite a "incipiente recuperación económica" anunciada para incrementar as achegas a estas institucións galegas.
"Non podemos esquecer que o único recurso que nos pode axudar a saír desta crise estrutural na que estamos inmersos é mergullándonos no coñecemento", afirmou Mato, que recoñeceu "o acerto" da conxelación das taxas en Galicia e saudou as "medidas paliativas" da Xunta fronte aos recortes na concesión de bolsas do Ministerio de Educación, aínda que as considera insuficientes.
Tamén urxiu a Feijóo a que medie para que se suprima a taxa de reposición de emprego público do 10 por cento, "unha medida contraditoria e equivocada que imposibilita captar e reter talento e promocionar ao persoal universitario", significou o reitor de Vigo, quen reiterou as súas críticas á rebaixa no salario dos traballadores posto que se prexudica ao que máis produce". "Se non se corrixe esta situación canto antes, seguirase dando un sinal totalmente contraditorio", engadiu.
Ningún comentario:
Publicar un comentario