"Queremos que toda a cidadanía – non só os que o poidan pagar- se beneficie do acceso libre aos libros electrónicos nas bibliotecas", conclúenAnabad-Galicia reclama o dereito a "comprar libros electrónicos a prezos xustos e con condicións de uso razonábeis", e subliñan neste senso que "moitos editores venden os libros electrónicos a prezos moi altos ou non os venden" e que "como resultado disto non podemos proporcionar un bo servizo aos nosos usuarios". "Queremos que toda a cidadanía – non só os que o poidan pagar- se beneficie do acceso libre aos libros electrónicos nas bibliotecas", conclúen.
Os e as responsables das bibliotecas galegas queren que se faga "unha aposta por garantir o libre acceso á información, a educación, a cultura, o ocio e os contidos". Propoñen que se negocien "Modelos de Licencia Equitativos” e que todos os títulos de libros electrónicos que estean disponibles para a venda ao público tamén o estean para a súa adquisición e acceso por parte das bibliotecas ao mesmo tiempo que saen ao mercado e en todos os formatos compatibles.
Os e as bibliotecarias reclaman "que os autores reciban un pagamento xusto polo préstamo dos seus libros electrónicos, como o veñen percibindo pola súa obra impresa, ampliando o Dereito ao Préstamo Público mediante a inclusión do préstamo do libro electrónico nas bibliotecas". Na actualidade, din, os autores non reciben remuneración ningunha polo préstamo de libros electrónicos nas bibliotecas.
Demandan unha reforma da lei "que permita as bibliotecas cumprir coa súa misión, para o século XXI"Para isto, esixen unha reforma da Lei de Propiedade Intelectual, pois na actualidade, atendendo a esta norma os editores poden negarse a subministrar libros electrónicos ás bibliotecas. Demandan unha reforma da lei "que permita as bibliotecas cumprir coa súa misión, para o século XXI, de proporcionar a toda a cidadanía da Unión Europea, o acceso á riqueza do coñecemento e a ficción humana tanto desde a biblioteca presencial como a distancia".
A campaña inclúe distintos actos informativos, que se concentrarán ao redor deste 23 de abril, Día do Libro, tamén actividades de difusión nas bibliotecas, a través dos medios de comunicación e das redes sociais (co hashtag #eread), así coma o envío de mensaxes a representantes políticos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario