A Consellaría modificou substancialmente o o borrador que pasou pola Mesa Sectorial ao engadir as prazas relacionadas con este proxecto.
A Consellaría de Educación colgou no seu
portal web a orde pola que se convoca concurso de méritos para cubrir
postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio. Esta orde
modifica substancialmente o borrador que pasou pola Mesa Sectorial, xa
que inclúe, ademais das prazas inicialmente ofertadas, prazas
relacionadas co proxecto Abalar. A Consellaría introduciu estas
modificacións sen pasar de novo pola Mesa nin tan sequera comunicárnolo.
Desde a CIG-Ensino entendemos que é totalmente improcedente e
falto de rigor que a Consellaría introduza unilateralmente cambios de
relevancia que modifican substancialmente unha orde previamente
presentada na Mesa Sectorial sen comunicalo ás organizacións sindicais
con presenza nela.
En anos anteriores as prazas de persoal asesor no proxecto Abalar incluíanse nunha orde diferente e os postos de traballo estaban vinculados á propia Consellaría. Co cambio agora introducido estes postos pasan a estar incluídos na AMTEGA. A AMTEGA é unha axencia creada pola Xunta para afondar na privatización dos servizos dependentes do goberno galego que xa deu que falar despois de que se abrise a posibilidade de contratar a persoal procedente de empresas privadas para postos de alta dirección que deberían ser para persoal da propia Xunta.
A convocatoria publicouse no DOG o pasado 14 de abril. O prazo para participar é de 20 días naturais desde o día seguinte da publicación no DOG, rematando o luns 5 de maio, ao ser o último día natural do prazo un domingo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario