Gomendio destacou, por outra banda, que a contía media nas bolsas non universitarias aumentou, pasando de 1.326 euros a 1.482 euros.
Ademais, especificou que, segundo datos estimativos, o número de bolseiros universitarios ascendeu dos 291.230 no curso 2012-13 a 322.000 este curso (un 10,7 %).
En canto ao non universitarios, o número de alumnos bolseiros diminuíu, pola contra, de 336.066 a 313.391, aínda que recibiron máis contía media.
Gomendio especificou que a repartición do diñeiro para bolsas entre universitarios e non universitarios decídese cada ano, e que neste curso se elixiu dar máis cantidade orzamentaria á parte non universitaria.
Recordou que creceu un 10,7 % o número de bolseiros universitarios neste curso, pero que a porcentaxe de bolsas denegadas por rendemento académico -por non cumprir as notas ou os créditos mínimos esixidos- descendeu do 21,20 % ata o 16,48 %.
Gomendio resaltou que o mellor rendemento do alumnado universitario bolseiros provocou tamén que a porcentaxe de bolsas pase de 54,46 % ao 59,6 %.
Ningún comentario:
Publicar un comentario