Son algunhas das ducias de mensaxes que nas últimas horas comezan a poboar twitter, neste Día do Libro, empregando o hashtag proposto pola CRTVG, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). Búscase que os lectores e lectoras comenten ou destaquen libros en galego que lles gusten especialmente, que sexan importantes para eles ou, simplemente, que nestes momentos teñen entre as mans. Quérese sobre todo que as mensaxes se concentren entre as 12 do mediodía e as dúas da tarde, para elevar o hashtag a trending topic.
Quérese sobre todo que as mensaxes se concentren entre as 12 do mediodía e as dúas da tarde, para elevar o hashtag a trending topicEntre as mensaxes hai moitas recomendacións literarias, dende os máis clásicos Castelao, Rosalía ou Cunqueiro ("#engalegoleo Merlin e Familia. E sigo sendo feliz lendoo") até os contemporáneos Marcos Calveiro ou Rosa Aneiros. Hai outros máis xenéricos ("#engalegoleo muita poesía e máis lería se máis houber!") ou ("Eu #EnGalegoLeo todo o tempo"). Hai moitas reivindicacións, ademais: "#EnGalegoLeo guións de películas que se rodarán en castelán. Por un #cinemagalego sen prexuízos linguísticos" ou "#EnGalegoNONLeo a noticia sobre #engalegoleo que publica @lavozdegalicia". Algunha reivindicación é mesmo de carácter persoal: ""#EnGalegoLeo .Non atopo nin Polaroid nin Calzados Lola, quen os colleu que mos devolva!".
Nesta iniciativa conxunta tamén se anima a que os participantes inclúan os seus selfies ou autofotos acompañados dos libros en galego que queiran salientar ou comentarNesta iniciativa conxunta tamén se anima a que os participantes inclúan os seus selfies ou autofotos acompañados dos libros en galego que queiran salientar ou comentar. Tanto as mensaxes coma as fotos serán recollidas nunha páxina que a CRTVG creou para a ocasión. O chamamento xa tivo unha resposta moi significativa, xa que desde o día 16 xa se teñen twitteado ou retwitteado máis de 2.000 chíos con esta etiqueta, que tiveron un impacto potencial de máis de 2,2 millóns de impresións.
Na presentación da iniciativa, Mercedes Queixas, secretaria xeral da AELG, dixo que "esta nova liña de traballo será como unha gran xanela aberta ao través das redes sociais o que contribuirá a impulsar a literatura galega no mundo", mentres que Francisco Castro, presidente de Gálix, indicou que desta maneira vaise “visualizar moito o libro en galego, e máis en concreto o libro infantil e xuvenil, nun exercicio de modernidade propio do século XXI".
Ningún comentario:
Publicar un comentario