martes, 1 de abril de 2014

Nova concentración da CIG-Ensino co profesorado CELGA para defender os seus dereitos laborais

Realizouse este luns 31 de marzo diante da Secretaría Xeral de Política Lingüística 

A CIG-Ensino convocou este luns 31 de abril unha nova concentración co profesorado CELGA diante da Secretaría Xeral de Política Lingüística para denunciar a actuación da Consellaría de Educación que decidiu despedir a estes docentes despois de reclamaren a regularización da súa relación laboral coa Xunta. Esta concentración prodúcese na véspera de que se inicien o cursos preparatorios para obter os CELGA que até este ano impartía este profesorado en paro.
Esta concentración súmase as xa realizadas con anterioridade pola CIG-Ensino encamiñadas ao recoñecemento dos dereitos laborais do profesorado colaborador que impartía cursos preparatorios. “A esta altura a CIG-Ensino -explica Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino- xa sabemos que a Consellaría de Educación está tendo moitas dificultades para conseguir profesorado en activo que queira impartir os cursos como horas extras. Temos coñecemento de que están recorrendo a persoal non docente, que teña a titulación de galego ou de galego portugués, e incluso está dicíndolle aos concellos que busquen eles profesor/a”, engadiu.  

A CIG-Ensino tamén acudiu o pasado venres á EGAP,  en Santiago, para intentar persuadir ao profesorado que accedeu a impartir os cursos e que foi convocado pola SXPL para ese día. “Alí mesmo puidemos comprobar que non chegaban a trinta as persoas que  aceitaron o convite da SXPL, unha cifra coa que non poderían cubrir a totalidade de cursos que ofertan”, engadiu Louzao. A CIG-Ensino tamén convocou para a tarde deste luns 31 asembleas informativas nos seus locais co profesorado afectado para abordar propostas de actuación.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario