A Área pública da CIG, conxuntamente con CCOO e UGT plantan a xuntanza convocada pola administración para falar do Código “Patético”
A CIG, CCOO e UGT, con representación na
Mesa Xeral da Función Pública de Galiza compareceron esta mañá en rolda
de prensa para manifestar o seu rotundo rexeitamento ao Código Ético
presentado polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Denuncian que
o PP pretende desviar a atención dos casos de corrupción no que están
implicados cargos públicos do seu partido e provocar confusión respecto
das súas responsabilidades coas do persoal das administracións públicas.
María Carme López Santamariña, portavoz da Área Pública da CIG,
que cualificou o Código de “Patético”, denunciou que o anuncio de
Feijóo é puramente propagandístico. Para a Área Pública o Presidente da
Xunta é tamén o máximo responsábel do PP, un partido que ten a numerosos
cargos imputados e que porén, non está a actuar atendendo a criterio
ético ou moral algún ao mantelos no seu posto sen facer que dimitan nin
cesalos. Entende que, polo tanto, se alguén ten que aplicar un código
ético é o propio Partido Popular.
López Santamariña denunciou ademais a pretensión de Feijóo de sementar confusión a respecto das responsabilidades derivadas do desempeño dos cargos. Considerou que o que está a alimentar a corrupción é a privatización de empresas e servizos públicos e subliñou que quen pode tirar beneficios destas privatizacións ou concesións son, en todo caso, os cargos políticos. Xunto a isto, sinalou que o PP ten a numerosos representantes institucionais imputados por diferentes causas, entre as que mencionou a operación Pokemon e que, porén, neses casos non se adopta medida algunha. Xunto a isto engadiu que “para estes cargos non existe ningún réxime disciplinario e neste Código Ético tampouco se estabelecen nin responsabilidades, nin consecuencias legais derivadas das posíbeis actuacións ilegais destes cargos”.
Fronte a isto denunciou que o Código Ético equipara as responsabilidades destes representantes institucionais coas das traballadoras e traballadores da administración pública galega, cando o desempeño do seu traballo depende das decisións políticas e cando “nós si temos estabelecido un réxime disciplinario e procedementos de control para o noso traballo”.
Por iso afirma que é “inadmisíbel” que se traten de mesturar responsabilidades nun “burdo intento de desviar a atención sobre as/os verdadeiros responsábeis tratando de implicar ás/aos traballadores nun novo intento de desprestixiarnos diante da opinión pública”.
Plante á xuntanza coa administración
As organizacións sindicais anunciaron tamén que non asistirían á xuntanza convocada pola administración para esta mesma mañá para tratar sobre este asunto, entendendo que non teñen nada que negociar. Estas organizacións, con presenza na Mesa Xeral da Función Pública galega remitiron un escrito á Xunta de Galiza no que resumen as razóns polas que rexeitan a convocatoria desta xuntanza.
Comunicado remitido á Xunta de Galiza
“As centrais sindicais CIG,CCOO e UGT, con presenza na mesa xeral de negociación do persoal da Xunta de Galicia, comunican que non van a participar na xuntanza a que nos teñen convocado o día 09 de abril, ás 12:30h. sobre o borrador do "Código ético institucional".
Entendemos que con este anuncio feito de maneira tan propagandística e con tanta presenza nos medios de comunicación, que o único que se pretende, por parte da administración e do goberno galego, é desviar a atención dos múltiples casos de corrupción nos que están implicados numerosos cargos institucionais do PP en Galicia, contra os que, non se adopta ningún tipo de medidas sancionadoras, nin se producen dimisións.
Igualmente denunciamos o ridículo intento de implicar ao persoal que traballa na administración pública, sinalando que é intolerábel intentar desviar a atención e apuntar directamente ao mesmo como culpábeis dos escandalosos casos de corrupción.
Consideramos que, precisamente, as políticas privatizadoras e de desmantelamento dos servizos públicos é o principal foco de corrupción e solicitamos o cese de estas políticas. A vez , que solicitamos que por parte da administración e do Goberno Galego se garanticen uns servizos públicos de calidade e universais con xestores públicos non políticos.
Como moi ben se lembra, no propio borrador que nos achegaron, xa exsiste normativa marco suficiente que nin a propia administración nin o goberno Galego están a aplicar nin facer cumprir. (Na páxina 29 do borrador remitido fan un relatorio de normativa de aplicación vixente a día de hoxe) , e a maiores de todo o que alí se expón, existe tamén xa normativa sancionadora de aplicación e que procede aplicar.
Por todo o anterior e, porque unha vez máis, o anuncio de este "Código ético institucional" xa está o suficientemente publicitado polo goberno da Xunta, é polo que as organizacións sindicais asinantes de esta comunicación non van a asistir á referida xuntanza, xa que non queremos ser cómplices da campaña propagandística e difamatoria na que queren e están a implicar aos traballadores e as traballadoras das administracións, entes, consorcios...etc de carácter público de Galicia”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario