Todo empezou o 8 de maio de 2013 cunha denuncia de FETE-UGT. O
sindicato tivo constancia de que un colexio público de Vigo, o Lope de
Vega, cobraba unha cota obrigatoria ás familias polo comedor e trasladou
os feitos á Consellería de Educación. O caso estalou seis meses despois
en toda a súa extensión, cando a raíz desa investigación, a Xunta
revelaba a apertura de expediente a sete directores de colexios de Vigo
por unha "xestión irregular" do servizo que incluía o cobramento de
supostos sobresoldos. A sanción de ata seis meses de emprego e soldo dos
directores afectados, feita pública a semana pasada, causou estupor na
comunidade educativa da cidade.
"Todo isto xestionouse moi mal pola consellería", afirma Raúl Gómez, secretario de FETE-UGT e autor da denuncia. "Primeiro dixo que non era nada, logo que lle parecía moi grave e despois todo se lle desmadró". Á calma e o esclarecemento dos feito non contribuíu a xeneralización coa que Educación se referiu sempre aos sete colexios afectados, todos os da cidade nos que o servizo depende directamente da Xunta. "Métese a todos no mesmo saco cando está claro que aquí hai dúas situacións ben distintas: a do Lope de Vega e o resto", afirma Gómez.
Cal é a diferenza? Que o Lope de Vega, segundo recoñecen pais de alumnos e a propia Xunta, ameazaba os pais con denegar o servizo de comedor se non aboaban unha achega económica que o decreto autonómico só admite como voluntaria. O resto, non. O que a Xunta cualifica de "sobresoldos" ou "apropiación indebida" e os directores de "gratificación", en cambio, é unha práctica xeneralizada, froito dun acordo alcanzado pola Xunta e os directores de Vigo en 2007, cando Educación cambiou o sistema de retribución porcentual vinculado ao presuposto do comedor por outro lineal, con independencia do número de usuarios do servizo.
Esa é a explicación de que o caso se centre en Vigo, onde os comedores son grandes e os directores viron minguados os seus ingresos. "Non" é "igual xestionar un comedor con 500 usuarios que un de 80", admite o responsable de FETE-UGT. Ante esta situación, os directores afectados pactaron verbalmente co entón xefe de Gabinete da Consellería, Juan Carlos Porrúa, cubrir a diferenza con cargo ás achegas voluntarias. E así se fixo ata agora.
Para a consellería, este complemento constitúe unha irregularidade mesmo máis grave que a da cota obrigatoria aos pais. "Son sobresoldos que non se poden cobrar, de ningún modo," resolve o xefe territorial de Educación, César Pérez, que pon enriba da mesa os salarios dos directores: "Cobran 2.700 euros brutos, máis un complemento de 340 euros e outro de 12 euros por día de asistencia ao comedor". As cantidades adicionais oscilan, segundo afirma, entre os 500 e os 150 euros mensuais. "Non" se pode tolerar. Sendo coñecedores disto non podiamos admitilo, e pouco importa que sexan cantidades aprobadas no Conselo Escolar: non se pode aprobar algo que é ilegal", acusa o xefe territorial.
Na súa defensa, os directores afectados precisan que, en efecto,
todas as gratificacións que cobran pola xestión do servizo pasaron a
aprobación do Conselo Escolar. Non só iso. Figuran nas páxinas web dos
colexios, son coñecidas polas asociacións de pais e, dende 2008,
incorpóranse ás contas que cada exercicio se presentan ante Educación.
"A transparencia é máxima", subliñan. Educación replica: "É certo que
nos mandan as contas, pero as inspeccións son aleatorias. Non podemos
abrir unha investigación xeral porque non somos unha fiscalía;
informóusenos dunha posible irregularidade e o que fixemos foi
confirmala.
"As sancións son desproporcionadas, trátannos coma se fosemos delincuentes", laméntase o responsable dun dos seis centros nos que a cota para os pais non era obrigatoria. "Se a Xunta considera que o acordo ao que chegamos en 2007 xa non é válido, que nolo diga e o retire. Para nós érao, aínda que fosen outros os directores que entón estaban á fronte destes centros. É un acordo cun superior, e iso non se cuestiona". En vez diso, acusa o mesmo director, a Xunta emprendeu unha "causa xeral". De momento, contan co apoio das asociacións de pais dos seus respectivos centros e tamén coa do resto de directores de centros escolares de Vigo, que nunha recente asemblea mostraron un apoio sen fisuras aos compañeiros expedientados.
diñeiro dos
pais, o trasfondo desta situación é a precariedade dos propios
comedores", afirma o director dun colexio público de Vigo. En efecto, o
servizo -que este curso deixou de ser gratuíto para as familias con
maiores ingresos- atravesa serias dificultades, que alcanzaron o seu
momento de maior complicación en 2010, cando a Xunta atrasou ata final
de curso a transferencia do primeiro trimestre. Un dos colexios onde se
viviu con maior tensión aquela falta de liquidez foi o da Carrasqueira
de Vigo, precisamente un dos agora implicados no caso dos chamados
"sobresoldos", que chegou a acumular unha débeda con provedores superior
a 25.000 euros.
Os tempos actuais non son moito máis boiantes. A normativa aprobada en 2007 establecía o cobramento de 12,18 euros diarios para director e encargado do comedor e de 9,18 para os colaboradores. E estableceuse ademais un límite de cinco colaboradores, que coa relación dun por cada 15 alumnos de Infantil e por cada 30 de Primaria, deixou especialmente desatendidos os grandes comedores.
"Para poder prestar o servizo de comedor, temos que recorrer a empresas. E esas empresas cobran máis do que a Xunta nos transfire. Os colexios temos que facernos cargo da diferenza, e a única forma de facelo é recorrer ás achegas voluntarias dos pais. Sen o seu apoio non habería comedores", explica un dos directores sancionados de emprego e soldo.
En definitiva, un encaixe de palillos que ningún director considera suficientemente remunerado: "Créame: dirixir un comedor non compensa".
"Todo isto xestionouse moi mal pola consellería", afirma Raúl Gómez, secretario de FETE-UGT e autor da denuncia. "Primeiro dixo que non era nada, logo que lle parecía moi grave e despois todo se lle desmadró". Á calma e o esclarecemento dos feito non contribuíu a xeneralización coa que Educación se referiu sempre aos sete colexios afectados, todos os da cidade nos que o servizo depende directamente da Xunta. "Métese a todos no mesmo saco cando está claro que aquí hai dúas situacións ben distintas: a do Lope de Vega e o resto", afirma Gómez.
Cal é a diferenza? Que o Lope de Vega, segundo recoñecen pais de alumnos e a propia Xunta, ameazaba os pais con denegar o servizo de comedor se non aboaban unha achega económica que o decreto autonómico só admite como voluntaria. O resto, non. O que a Xunta cualifica de "sobresoldos" ou "apropiación indebida" e os directores de "gratificación", en cambio, é unha práctica xeneralizada, froito dun acordo alcanzado pola Xunta e os directores de Vigo en 2007, cando Educación cambiou o sistema de retribución porcentual vinculado ao presuposto do comedor por outro lineal, con independencia do número de usuarios do servizo.
Esa é a explicación de que o caso se centre en Vigo, onde os comedores son grandes e os directores viron minguados os seus ingresos. "Non" é "igual xestionar un comedor con 500 usuarios que un de 80", admite o responsable de FETE-UGT. Ante esta situación, os directores afectados pactaron verbalmente co entón xefe de Gabinete da Consellería, Juan Carlos Porrúa, cubrir a diferenza con cargo ás achegas voluntarias. E así se fixo ata agora.
Para a consellería, este complemento constitúe unha irregularidade mesmo máis grave que a da cota obrigatoria aos pais. "Son sobresoldos que non se poden cobrar, de ningún modo," resolve o xefe territorial de Educación, César Pérez, que pon enriba da mesa os salarios dos directores: "Cobran 2.700 euros brutos, máis un complemento de 340 euros e outro de 12 euros por día de asistencia ao comedor". As cantidades adicionais oscilan, segundo afirma, entre os 500 e os 150 euros mensuais. "Non" se pode tolerar. Sendo coñecedores disto non podiamos admitilo, e pouco importa que sexan cantidades aprobadas no Conselo Escolar: non se pode aprobar algo que é ilegal", acusa o xefe territorial.
"As sancións son desproporcionadas, trátannos coma se fosemos delincuentes", laméntase o responsable dun dos seis centros nos que a cota para os pais non era obrigatoria. "Se a Xunta considera que o acordo ao que chegamos en 2007 xa non é válido, que nolo diga e o retire. Para nós érao, aínda que fosen outros os directores que entón estaban á fronte destes centros. É un acordo cun superior, e iso non se cuestiona". En vez diso, acusa o mesmo director, a Xunta emprendeu unha "causa xeral". De momento, contan co apoio das asociacións de pais dos seus respectivos centros e tamén coa do resto de directores de centros escolares de Vigo, que nunha recente asemblea mostraron un apoio sen fisuras aos compañeiros expedientados.
A precariedade do servizo
Máis que de directores malvados que se meten no peto oOs tempos actuais non son moito máis boiantes. A normativa aprobada en 2007 establecía o cobramento de 12,18 euros diarios para director e encargado do comedor e de 9,18 para os colaboradores. E estableceuse ademais un límite de cinco colaboradores, que coa relación dun por cada 15 alumnos de Infantil e por cada 30 de Primaria, deixou especialmente desatendidos os grandes comedores.
"Para poder prestar o servizo de comedor, temos que recorrer a empresas. E esas empresas cobran máis do que a Xunta nos transfire. Os colexios temos que facernos cargo da diferenza, e a única forma de facelo é recorrer ás achegas voluntarias dos pais. Sen o seu apoio non habería comedores", explica un dos directores sancionados de emprego e soldo.
En definitiva, un encaixe de palillos que ningún director considera suficientemente remunerado: "Créame: dirixir un comedor non compensa".
Ningún comentario:
Publicar un comentario